Empanadilla de polo rechea
Ingredientes:
- 2 peitugas de polo
- 1 tomate
- Queixo
- Espinacas
- Parmesano en po
Ingredientes:
Ingredientes: Bo día, bolboreteirxs! Que tal estades? Xa preparados para o Entroido? Para nós, é unha das mellores épocas do ano. Gozamos moito de disfrazarnos, dos Entroidos tradicionais e, sobre todo, da comida. E o cocido está delicioso, mais onde estean unhas boas filloas, para nós freixós, ou unhas roscas pódese quitar o resto ;). Por isto, esta receita é ideal para estes días onde a comida ten unha grande presenza. Esta pizza é saudábel e lixeira para contrarestrarmos os grandes festíns destes días. Ademais de que é moi sinxela de facer, como ides ver a continuación.
Algo que nos encanta das pizza é a infinidade de posibilidades que teñen, tanto para as masas coma para os ingredientes que poñemos sobre ela. Hoxe ímosvos dar dúas opcións, mais animámosvos a que xoguedes co que máis vos guste e que os peques da casa tamén participen do proceso. Agora si, imos coa receita.
Boa noite, bolboreteir@s!! Xa vén o Nadal enriba e algún xa leva a pretempada moi adiantada coas enchentas e as lambetadas. Pois ben, como sabedes, este mes é complicado para comer e vai haber días que mesmo dubidemos se nos compensa preparar a comida e non subsistir coa enchenta da cea/xantar anterior. Pois ben, cremos que un prato como o que aquí hoxe presentamos, que cumpre con moitos requisitos, rápido-saudábel-sinxelo pode encaixar moi ben para as vosas ideas destas semanas.
Estamos a falar dunha combinación bastante clásica e que en moitas casas xa coñecederedes, xa for así ou con outro tipo de verdura-legume tipo xudías, chícharos... Mais a verdade é que un pouquiño de xamonciño encaixa ben con case todo. Aquí unha proba ben satisfactoria.
Boa tarde, bolboreteir@s. Como estades? Xa vedes que nós seguimos ofrecendo pratos saudábeis e ben apetitosos con verduras diversas como protagonistas. Desta volta tocoulle á berenxena. Tiñamos unhas poucas na casa e pensamos en facer unha receita clásica, as berenxenas recheas mais non nos apetecía moito desa maneira así que elaboramos algo máis lixeiro e cheo de sabor.
Aquí xa sabemos que este tipo de combinacións adoitan ser exitosas e máis cun queixo coma o parmesano. Imos ver os pasos para culminar con éxito esta receita.
Boa noite, bolboreteir@s!! Como estades? Algúns xa pensaban que remataba a fin de semana sen a ansiada receita mais... non!!! Aquí chega o recheo, o corazón que dá vida á receita da pasada semana. Recordade o pan de hamburguesa de espelta integral que xa conquistou a moit@s e que actuou como contorna desda tremenda delicia con moitas menos calorías das habituais e cun sabor para sacar os ollos das cuncas.
Dixémosvos moitas veces do noso interese pola cociña vegana xa que a consideramos pura creatividade e aquí volvemos coller ideas dela (aínda que desta volta sumamos tamén carne). Teñen así cabida sabores moi diversos xogando cada un o papel suficiente para lograr unha delicia perfecta. Ollade:
Supoñemos que esta receita vai chamar a atención de moita xente e máis nestes tempos en que un kebab se converteu nun símbolo pasado de tempos festivos e de recuperacións nocturnas. A cea máis tardía tras troula ou o almorzo de máis adiantado? Sexa o que for, o kebab xa está instaurado na nosa gastronomía rutinaria de rúa desde hai arredor dunha década. Non hai vila sen o seu restaurante turco nin festa sen o parrandeiro que acuda ao kebab na procura da solución a todos os seus meigallos alcólicos.
Aínda que aquí o asociamos, como escribimos, a restaurantes turcos, este alimento é un dos mellores representantes da gastronomía de Oriente Medio. Alí teñen moitas variantes aínda que o nacemento provén da carne espetada.
Iso si, a súa expansión por Europa vén da man do éxodo de turcos a Alemaña a mediados do século XX e hoxe en día hai máis postos de keban en Berlín que en Estabul, por exemplo, aínda que iso como sabemos, depende da comercialización e do éxito en moitas ocasións do foráneo. Reino Unido tamén é un clásico neste tipo de locais. E como mencionabamos ao principio, en Galiza veñen sendo moi habituais desde hai arredor de dez anos ganando un oco nos clásicos da comida rápida e tamén económica, algo que ao noso ver, fai que teña tamén a popularidade que ten. Aquí unha receita caseira, salvando obviamente as distancias co orixinal.
Ingredientes: