xoves, 5 de marzo de 2026
Galletas de dous chocolates
xoves, 16 de xaneiro de 2025
Galletas de arandos (aptas para BLW, sen azucre)
Galleas de arandos (aptas para BLW, sen azucre)
Ingredientes:
luns, 6 de novembro de 2023
Galletas con abelás e chocolate
Galletas con abelás e chocolate
Ingredientes:
- 250 g de fariña
- 150 g de manteiga
- 100 g de azucre
- 100 g de panela
- 1 cullerada de vainilla
- 1/2 culleriña de bicarbonato
- 1 ovo
luns, 17 de abril de 2023
Bombóns de framboesa
Bo día, bolboreteirxs! Que tal estades? Menudo día solleiro nos encontramos hoxe. Canto apetecía! Por aquí xa nos imos dispor a probar a praia, aínda que sexa polo menos para xogar.
Pero antes diso deixámosvos por aquí unha última lambetada que creamos para unha cea cuns amigos especiais. Queriamos algo doce mais ao mesmo tempo fresco agora que se aproximan xa datas de máis calor. Esperemos que xa vos entren polos ollos pero de todas formas, a verdadeiro sensación pracenteira virá co primeiro bocado. Adiante con estes bombóns diferentes!
Bombóns de framboesa
Ingredientes:
- Chocolate branco
- Purpurina comestíbel
mércores, 15 de febreiro de 2023
Pizza saudábel de quinoa
Bo día, bolboreteirxs! Que tal estades? Xa preparados para o Entroido? Para nós, é unha das mellores épocas do ano. Gozamos moito de disfrazarnos, dos Entroidos tradicionais e, sobre todo, da comida. E o cocido está delicioso, mais onde estean unhas boas filloas, para nós freixós, ou unhas roscas pódese quitar o resto ;). Por isto, esta receita é ideal para estes días onde a comida ten unha grande presenza. Esta pizza é saudábel e lixeira para contrarestrarmos os grandes festíns destes días. Ademais de que é moi sinxela de facer, como ides ver a continuación.
Algo que nos encanta das pizza é a infinidade de posibilidades que teñen, tanto para as masas coma para os ingredientes que poñemos sobre ela. Hoxe ímosvos dar dúas opcións, mais animámosvos a que xoguedes co que máis vos guste e que os peques da casa tamén participen do proceso. Agora si, imos coa receita.
Pizza saudábel de quinoa
Ingredientes (para dúas pizzas):
- Queixos variados (mozzarella e cheddar)
- Heura (ou polo)
- Espárragos
martes, 7 de abril de 2020
Pan integral Xiao (apto para BLW)
Pan integral Xiao (apto BLW)
Ingredientes:
- 450 g de fariña integral
- 300 ml de auga
- 30 ml de aceite
- 1 sobre de lévedo seco de panadaría
sábado, 23 de novembro de 2019
Boliños de queixo
Boliños de queixo
Ingredientes:
- 250 g de fariña
- 150 g de queixo
- 70 g de manteiga
- 1 sobre de lévedo en po
- 1 cullerada de allo en po
- 1 culleriña de azucre
- Un chisco de sal
- 50 g de queixo
- 50 g de manteiga
martes, 26 de marzo de 2019
#COCIDODAY
sábado, 24 de novembro de 2018
"Cociñando con Bolboretas no bandullo", (Edicións Xerais)
martes, 2 de outubro de 2018
Cuscús ao curry con polo e verduriñas
Esta sémola de trigo dános moitísimo xogo para combinar con carne, peixes ou verduras. De feito, aquí hoxe mesturamos con varios destes produtos. Que prato saboroso ficou!
Se andades na procura dun recurso con moita utilidade, esta é a vosa oportunidade. A por ela!
Cuscús ao curry con polo e verduriñas
Ingredientes:
martes, 19 de abril de 2016
Bolboreteando con... Nel Vidal
Consideramos que todas as persoas que até o de agora colaboraron connosco axudan en grande medida á dinamización e normalización do noso idioma, mais a figura que hoxe pasa por Bolboretas no bandullo leva anos dedicándose a isto directamente. A normalizar, a dinamizar, a crear, a promover, a visibilizar, a fomentar o uso do galego. Por iso Nel Vidal non podía faltar. Compartimos obxectivos con el e admiramos enormemente o seu traballo.Demos con Nel na súa terra de acollida, Carballo, cando comezabamos a afondar no campo da normalización da lingua, nun destes imprescindíbeis cursos de verán de que teñen saído mil e un proxectos para o idioma. Desde aquela, preséntasenos como un referente do que necesariamente aprender.martes, 9 de decembro de 2014
Bolboreteando con... Helena Villar
![]() |
| Fotopintura dixital de Luz Darriba (cedida por Helena Villar) |
E a persoa coa que comezamos é, nada máis e nada menos que... Helena Villar Janeiro, á que antes de nada, queremos agradecer moitísimo que aceptara a nosa proposta, podéndomos contar coas súas palabras e cun seu magnífico prato, "Arroz con polo e cogomelo (Lepista nuda)".
A maioría de vós xa a coñecedes, mais resulta xusto achegarmos uns breves datos sobre ela. Helena, luguesa coma nós, nace en Becerreá polo 1940. Formouse en Maxisterio e en Filosofía e Letras, rematando a súa traxectoria docente en Compostela. Con todo, a propia Helena considera fundamental a formación que recibiu na súa propia casa e no traballo cos seus pais na xastraría ancaresa.
luns, 30 de decembro de 2013
Presentación
Benvid@s!!
![]() |
| Bolachas |
![]() |
| Torta de chocolate e amorodos |








