Amosando publicacións coa etiqueta branco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta branco. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de marzo de 2026

Galletas de dous chocolates

 Bo día, Bolboreteirxs! Por aquí estamos de novo, como nos tardaba volver publicar receitas, xa que é un dos nosos pasatempos preferidos, aínda que imos intentar publicar todas as semanas algunha receita, non podemos prometer que non vaiamos fallar algunha: as clases, os peques e a vida en xeral non deixan moitas veces tempo para sentarnos a escribir. 

Cada día que pasa temos máis claro que os mellores regalos son as experiencias e o tempo que investimos coas persoas que nos rodean, e tamén os agasallos que facemos nós mesmas, xa que implica dedicarlle un tempo (moi valioso) en facer algo por alguén. Por iso, as galletas sempre son unha boa opción, simplemente para sinalar que estivemos pensando nelas e queríamos ter un pequeno detalle. Estas, en concreto, foron para complementar un regalo moi especial que fixemos e que, sabemos seguro,  gozaron cada unha das galletas que ía no paquete. 

Esta receita é unha versión dunhas galletas de Alma Obregón que esperamos que a vós tamén vos encanten! 




Galleta de dous chocolates


Ingredientes:

  • 220 g de chocolate negro/con leite
  • 150 g de chocolate branco
  • 150 g de panela    
  • 100 g de fariña
  • 75 g de manteiga
  • 50 g de azucre branco
  • 25 g de cacao puro en po
  • 2 ovos

sábado, 6 de xaneiro de 2018

Bombóns de dous chocolates e nocilla

Bolboreteir@s, imos comezar o ano como nos gusta de forma moi doce aínda que vos prometemos que vos deixamos descansar despois de hoxe. Iremos traendo unha serie de pratos saudábeis despois de reis para compensar os excesos destas datas. Realmente xa son sobreexcesos, mais é que todo está tan bo...
E que hai máis doce que un bombón? Pois aínda que xa preparáramos hai tempo uns básicos, apetecíanos procurar unha fórmula destas que namoran. Non sabemos que están listos para competir con Lindt ou Ferrero mais a verdade é que se converteron na lambetada máis saborosa deste Nadal, ideal ademais para facer da sobremesa un peche do máis lustroso. Aínda que se somos sinceros, nós papámolos case todos á merenda, segundo rematamos de facelos.
Estes bombóns con corazón de nocilla son perfectos para todos eses bolboreteiros e bolboreteiros con corazón doce e bandullo larpeiro. 3, 2, 1... a gozalos :-)




Bombóns de dous chocolates e nocilla



Ingredientes:

  • 100 g de chocolate con leite
  • 100 g de chocolate branco

sábado, 11 de xaneiro de 2014

Brownie de chocolate branco


Lambereteir@s, non nos resistimos máis e xa preparamos outra receita doce, perfecta para o almorzo ou para a merenda acompañada dun vaso de zume, un té, unha infusión ou un café.
Como xa saberedes, o brownie é un doce estadounidense, que se descubriu cando un pasteleiro esqueceu botar o lévedo a un pastel de chocolate. Orixininalmente estaba feito con chocolate negro, de aí a súa denominación (brown=marrón); polo que, neste caso, ao ser unha variación da receita orixinal feita con chocolate branco poderiamos chamarlle whitenie (white=branco). 

Brownie de chocolate branco

Ingredientes:
  • 200 gr de chocolate branco
  • 80 gr de manteiga
  • 3 ovos
  • 130 gr de fariña
  • 150 gr de azucre
  • Culleriña de vainilla
  • Abelás, ou un froito seco que vos guste
  • Chisco de sal