Lambereteir@s, non nos resistimos máis e xa preparamos outra receita doce, perfecta para o almorzo ou para a merenda acompañada dun vaso de zume, un té, unha infusión ou un café.
Como xa saberedes, o brownie é un doce estadounidense, que se descubriu cando un pasteleiro esqueceu botar o lévedo a un pastel de chocolate. Orixininalmente estaba feito con chocolate negro, de aí a súa denominación (brown=marrón); polo que, neste caso, ao ser unha variación da receita orixinal feita con chocolate branco poderiamos chamarlle whitenie (white=branco).
Brownie de chocolate branco
Ingredientes:
- 200 gr de chocolate branco
- 80 gr de manteiga
- 3 ovos
- 130 gr de fariña
- 150 gr de azucre
- Culleriña de vainilla
- Abelás, ou un froito seco que vos guste
- Chisco de sal
Elaboración:
Para comezarmos, temos de mesturar o azucre cos ovos.
Despois engadimos a vainilla, e pouco a pouco a fariña.
Cando a fariña estea totalmente integrada, engadimos as abelás (ou o froito seco escollido) e o chocolate branco fundido coa manteiga.
Botamos a mestura no molde e enfornamos a 200º (calor arriba e abaixo con ventilador) durante 30 min, aproximadamente. Deixamos enfriar e a comer!!!
Esta é unha sobremesa ideal para @s que non gustades do chocolate negro xa que ten un sabor moi suave. Ademais, é unha receita moita sinxela coa que seguro triunfaredes! Se quixerdes, outro día podemos pendurar a receita orixinal para os máis chocolateiros, debido a que as cantidades son diferentes.
Moitos saúdos, e non esquezades enviar as vosas fotos!
Bua cada día sorpréndesme máis, ten unha pintaza incrible!
ResponderEliminarMoitas grazas, Rosalía!!
EliminarUn bico!! :D:D
Firmado: Rosalía
ResponderEliminarP.D.: Sempre me olvido! jiji
Poderia-se fazer com fruitos normais em lugar das avelãs? É dizer, um brownie de morango, ou só pode ser com fruitos secos? Saudações!
ResponderEliminarPor suposto que se pode! Debido a que a combinación do brownie (ou whitenie) con froitos vermellos é perfecta! Outra opción tamén podería ser con froita como mazá, pera... ou mesmo coa cristalizada.
ResponderEliminarMoitas grazas e un saúdo!
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarNon sabes a gana que lle teño a esta lambetada! Ten unha pinta...mmm!
ResponderEliminarPois xa sabes... mans á obra!!! Seguro que che encanta que está riquísimo, e non é nada empalagoso! :D:D
Eliminar