E como vistes, xa van seis meses con vós, traéndovos semanalmente un pouco de cociña en galego que sabemos que vos gosta :-) E por iso, seguimos, e facémolo cun doce, na liña das últimas receitas. A verdade é que despois deberemos compensar con algunha ensaladiña ou algo, mais o doce tamén é necesario!
Hai tempo trouxéramosvos un brownie algo diferente, de chocolate branco (receita aquí) mais desta volta optamos por unha versión máis clásica, que a verdade, é da que máis gostamos. Así pois, dándolle o noso toque persoal, procuramos elaborar un brownie completo con moito sabor, e sen dúbido, alcanzouse o obxectivo. Aí o tedes.
Brownie de chocolate e noces
Ingredientes:
- 300 gr de chocolate con leite
- 300 gr de azucre
- 200 gr de fariña
- 175 de manteiga
- 100 gr de noces/abelás/améndoas...
- 4 ovos
- 25 gr de cacao
- 1 culleriña de lévedo
- Opcional: azucre glas ou xarope de amorodo e amorodos
