Amosando publicacións coa etiqueta Nel Vidal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nel Vidal. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de abril de 2016

Bolboreteando con... Nel Vidal

Consideramos que todas as persoas que até o de agora colaboraron connosco axudan en grande medida á dinamización e normalización do noso idioma, mais a figura que hoxe pasa por Bolboretas no bandullo leva anos dedicándose a isto directamente. A normalizar, a dinamizar, a crear, a promover, a visibilizar, a fomentar o uso do galego. Por iso Nel Vidal non podía faltar. Compartimos obxectivos con el e admiramos enormemente o seu traballo.Demos con Nel na súa terra de acollida, Carballo, cando comezabamos a afondar no campo da normalización da lingua, nun destes imprescindíbeis cursos de verán de que teñen saído mil e un proxectos para o idioma. Desde aquela, preséntasenos como un referente do que necesariamente aprender.