Benvid@s!!
|
Bolachas |
Aproveitando
esta etapa que a algunhas nos concede un pouco máis de tempo libre vou
aproveitar para pór en marcha algo que tiña en mente xa hai un tempo, un blogue
de cociña.
Nesta
bitácora dixital tentarei plasmar a miña paixón pola cociña así como ofrecer a
miña pequena contribución para a consolidación do galego na rede. Aínda que non
son moitos, si coñecemos un pequeno número de magníficos cadernos dedicados a
expor na nosa lingua unha serie de receitas tanto galegas como doutras partes
do mundo. Procuraremos pois, contribuír ao seu apreciábel labor desde aquí. Con todo, este non será un blogue
dedicado exclusivamente á cociña galega, aínda que si tentaremos achegarnos
sempre a ela.
|
Torta de chocolate e amorodos |
O
compromiso co idioma estará sempre presente en Bolboretas no bandullo e apoiaremos todas aquelas medidas co
obxectivo de elevar o galego ao posto correspondente, tratándomos neste caso
unha disciplina en auxe como a cociña. Servirémonos tamén nalgunha ocasión das
posibilidades gastronómicas da nosa rica literatura podéndomos traer aos nosos
días algúns pratos mencionados polos nosos autores e autoras. Recordade por
exemplo aqueles versos de Cantares
gallegos: “I aló no lar, ¡que fogo!, ¡que larada!, / ¡que rica e que ben
feita frixolada!”.
Algúns como Álvaro Cunqueiro mesmo concretaron a súa
devoción pola nosa cociña nun libro.
|
Madalenas de vainilla |
A
nosa debilidade dentro da cociña encóntrase na repostaría, tan de moda nestes
últimos anos. Dedicaremos unha grande parte do noso espazo a tortas, pasteis,
lambetadas e demais sobremesas coas que pór un pouco de doce nas nosas vidas.
Non por isto deixaremos esquecidos aqueles comestíbeis máis sans e
indispensábeis na nosa alimentación diaria, que de feito recomendaremos sempre
que for posíbel. Non queremos levarvos a unha alimentación insá, aínda que ben
é certo que onde estea un bo doce… Ademais que estes nos dan unhas enormes
posibilidades á hora de argallarmos coa decoración, xa que, a fin de contas,
polos ollos tamén se come.
|
Torta Kinder |
Nesta
páxina mostrareivos algúns produtos cos que estiven traballando ultimamente e ireivos
achegando aquilo que vaia realizando. Así mesmo desexo o feedback, é dicir,
estou agardando abertamente por todo aquilo que queirades preguntar, recomendar
ou aconsellar (bolboretasnobandullo@gmail.com). Pretendo que este sexa un percorrido constante de artigos mais
tamén de aprendizaxe tanto voso como meu. Canto ao deseño deste espazo,
procuraremos melloralo e ir acrecentando apartados progresivamente, dando lugar
así a un caderno dixital dinámico e que sexa agradábel de ler para tod@s vós.
Esperemos
que esta carta de presentación textual e visual vos for o máis agradábel e
livián posíbel; comentaremos máis nos diferentes pratos que iremos explicando
paso a paso. Moitísimas grazas pola vosa lectura e ídevos preparando para a
primeira receita que subiremos mañá, que xa adiantamos vai ser moi doce e
saborosa. Até a próxima!!
|
Selva negra cuberta de fondant |
Benvida ao mundo dos blogs e parabéns! Ten todo unha pintaza inbrible. Espero impaciente esa primeira receita.
ResponderEliminarMoitas grazas ;)
EliminarParabéns! Tamén agardo con impaciencia esa primeira receita! O blogue moi bonito, mais non esperaba menos ;-) Un bico
ResponderEliminarRosalía
Moitas grazas :D
EliminarParabéns pola iniciativa. Próspero 2014 para ti e o blogue.
ResponderEliminarMarcos.
Moitísimas grazas e igualmente!
EliminarAlégrome ben de non ser a única! Agora só me falta continuar co meu que o teño totalmente esquecido. Adiante e non deixes de publicar!
ResponderEliminarGrazas polo teu comentario!! Si, debes retomalo que son moi necesarios os blogues en galego :P
Eliminar