martes, 2 de outubro de 2018

Cuscús ao curry con polo e verduriñas

Bo día, bolboreteir@s! Seguimos con acumulación de receitas para o día a día e para a rutina do inicio de curso. Hoxe imos cun ingrediente habitual na nosa alacena e do que tiramos un proveito infinito: o cuscús. De feito, esta receita ten un claro aroma marroquí grazas tamén á intensidade que nos achega o curry.
Esta sémola de trigo dános moitísimo xogo para combinar con carne, peixes ou verduras. De feito, aquí hoxe mesturamos con varios destes produtos. Que prato saboroso ficou!
Se andades na procura dun recurso con moita utilidade, esta é a vosa oportunidade. A por ela!



Cuscús ao curry con polo e verduriñas


Ingredientes:


  • 150 g de cuscús
  • 75 ml de auga
  • 6-7 espárragos
  • 2-3 champiñóns
  • 1 cebola
  • 1/2 pemento vermello
  • 1 dente de allo
  • 2 culleradas de curry
  • 1 culleriña de manteiga
  • Pementa moída
  • Aceite de oliva

Utensilios: dúas tixolas, dúas culleres, unha táboa e un coitelo. 


Elaboración:


Para comerzarmos, temos de preparar o cuscús. Para iso, quentamos nunha tixola a auga, a manteiga e o curry. 


Cando comece a ferver, engadimos o cuscús, apagamos o lume, mesturamos moi ben e deixamos repousar uns minutos. 









Mentres tanto, preparamos as nosas verduras. Rustrimos en dúas culleradas de aceite a cebola e o allo picados. 


Cando comecen a abrandar agregamos o pemento e os espárragos. 










5 minutos despois, os champiñóns. Empoamos coa pementa ao noso gusto. 


Pasados un poucos minutos, botamos o polo, tamén en anacos e deixamos que se cociñe ben.


Cando as verduras e o polo estean cociñados, engadimos o cuscús e mesturamos moi ben e cociñamos durante 2-3 minutos máis.


E xa estaría listo para comer! 


Agardamos que vos guste e que o poñades en práctica porque, como vedes, é unha receita moi fácil e deliciosa! E claro, é cuestión de experimentardes recorrendo aos alimentos que máis vos gusten. Aquí fica a nosa proposta. Fortísima aperta, amig@s!


2 comentarios:

  1. Hola chicos ya estoy por aqui depues de mis vacaciones blogueriles he estado viendo las cosas ricas que habeis echo ,la pizza carbonara , el borwnie con los frutos rojos ,el pate de olivas negras ains madre como estoy de babeadita si lo no cotilleo nada me voy a tener que ir a merendar al terminar.
    Y este cous cous uuummmm ,a mi hijo y a mi nos encanta el cous cous y si encima le poneis curry ya os hacemos la ola ,una pena no poder meter la mano y dar cuenta de un plato para la cena.
    Os ha quedado de relujo ademas de estar de rexupete.
    Bicos mil wapos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que che gusten! Que necesarias son as vacacións, verdade? Nós tamén nos temos que pór ao día co teu 😘

      Eliminar