Pois, seguimos aproveitando os días solleiros e o clima estival para receitas non moi pesadas que nos ofrezan un cúmulo de recursos para o día a día.
Ademais, sumamos unha máis para as nosas receitas veganas, unha alimentación que nos ofrece moitas posibilidades e tamén moito para aprender dela!
Fixádevos a marabilla gastronómica que aquí presentamos.
Ensalada morna de garavanzos con tofu picante
Ingredientes:
- 300 g de garavanzos cocidos
- 250 g de tofu
- 1 aguacate
- 13-14 olivas negras
- 3-4 culleradas de salsa de tomate
- 1/2 culleriña de allo en po
- 1/2 culleriña de comiño
- 1/2 culleriña de ourego
- 1/4 culleriña de pemento picante
- 1 chile
- Pementa moída
- Sal
- Aceite de oliva
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhZDj2XgBvUCf8Mhs5mrgV8C8R06xQ8O_8iyT8GCSevQNJEW18GvGcLy2T9M5-nlO-S4XcVoSLuyvOYJaZ9GAsPu-36NPhJZIQqbWYp7K47T8yODuQd5veNWj4zy9jY1JzAGf7m92_aJys/s320/Ensalada+garavanzos.jpg)
Utensilios: unha tixola, unha táboa, un coitelo e unha culler de pau.
Elaboración:
Para comezarmos, tesmos que desmigar o tofu. Reservamos.
Quentamos dúas culleradas de aceite nunha tixola co chile. De seguir, engadimos o tofu.
Cociñamoso 2-3 minutos e agregamos o allo, o comiño, o pemento, o ourego, o sal e a pementa.
Botamos tamén o tomate e mesturamos moi ben.
Pasados 3-4 minutos, engadimos os garavanzos.
Apagamos o lume e engadimos o aguacate, cortado en láminas, e as olivas á metade. Mesturamos moi ben.
E xa estaría lista a nosa ensalada!
Agardamos que vos guste e que a poñades en práctica!
Apetecíbel, non é? Pois, animámosvos a probardes e a descubrirdes as posibilidades do tofu, os garavanzos e demais ingredientes desta festa culinaria! Adiante con ela!
Forte aperta, amig@s!
Uuuummmmm pintaza tiene esa ensalada y no dudo lo mas minimo que este de rexupete, os ha quedado divinisimaaa.
ResponderEliminarBicos mil y feliz inicio de semana wap@s.
Graaazas 🤩
Eliminar