Amosando publicacións coa etiqueta anavedevidán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta anavedevidán. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de marzo de 2019

#COCIDODAY

Boas, bolboreteir@s! Como estades? Por aquí aínda relambéndonos e facendo oco no bandullo despois da homenaxe que nos pegamos este pasado sábado. Como fostes seguindo polas redes, celebrouse o #Codidoday, que vén a ser a Festa Internacional do Cocido, un evento gastronómico co obxectivo de gozar deste prato tradicional da nosa terra e de difundilo a través das RRSS en Galiza mais tamén fóra. Procuramos así exaltar a nosa cociña e mostrar Galiza como un paraíso gastronómico, algo do que non queda dúbida. 
Ben, pois nesta nosa primeira experiencia fomos convidados por un dos nosos favoritos en Compostela, A Nave de Vidán, un espazo que encaixa moi ben co ideario de Bolboretas no bandullo por ese achegamento entre o ámbito culinario e o cultural. Desde o convite até hoxe, non podemos máis que dar mil grazas a Lois polo trato. Luxazo! O mesmo cómpre dicir dos compis-comensais, amig@s dispostos a gozar deste símbolo culinario. Desde o actor Federico Pérez até Luís Davila pasando por xente do espazo etnocultural Vide, vide,de Slow Food Compostela, Xesús Piñeiro, Carmen Rey, Estefanía Villasante, Mario Beramendi ou Tamara Montero (perdón os que nos fican no tinteiro, a memoria...).