Bo día, bolboreteirxs 🤗! Que tal estades? Hoxe traémosvos u ha receita sinxela, rápida e deliciosa 😋, que faremos só con 4 ingredientes (+). A pera vai ser o ingrediente principal, dálle un toque fantástico e difícil de recoñecer! Coa excusa de coñecer á pequena da casa, estamos tendo moitas visitas e intentamos facer algunha rceitiña para sorprendelxs e que leven un bo sabor de boca, e esta foi unha desas receitas escollidas!
O máis importante a receita é escoller a froita madura, e unha varidade que teña moito sabor, para que sexan máis deliciosas 🥰🤤! Aquí vai a receita:
Donuts de pera e améndoa
Ingredientes:
Utensilios: varias cuncas, un batedor eléctrico, moldes de roscas, unha bandexa para o forno.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar a pera, pelada, a fariña de améndoa (nós trituramos améndoas), os ovos e o lévedo. Quedaranos unha masa bastante líquida.
Engrasamos os nosos moldes e servimos a mestura.
Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 23-24 minutos. Esperamos uns minutos para que se atemperen e desmoldamos.
Derretemos o chocolate e botámolo sobre as nosas roscas! Podedes escoller o chocolate que máis vos guste e incluso engadirlle unhas améndoas picadas. E, se o chocolate está moi espeso, podedes engadir un pouco de leite ou aceite.
Referixeramos sobre 1 hora para que endureza o chocolate e xa estarían listos para comer!
Teñen boa pinta? A verdade é que están deliciosos e teñen un sabor moi sorprendente! Ás nosas comensais non deron co ingrediente estrela 🤭! Estes “donuts” son ideais para cando nos apetece un capricho doce e queremos ser saudábeis!
Esperamos que vos guste a receita e que a poñades en práctica 😉❗️
Lémonos! Apera forte, bolboreteirxs 🥰❣️
Ningún comentario:
Publicar un comentario