Bo día, bolboreteirxs! Que tal estades?
Estamos aquí un xoves máis cunha nova receita. Esta vez presentámosvos unha forma bastante orixinal de facer empanadillas, xa que en lugar de usar masa imos usar o propio polo! Esta receita estivo viralizada en TikTok e non nos puidemos resistir a non probala. Nós propoñémosvos un recheo, moi sinxelo e saudábel, mais podedes xogar coa vosa imaxinación, ou cos ingredientes que teñades no frigorífico!
Aquí vos deixamos a receita:
Empanadilla de polo rechea
Ingredientes:
Utensilios: picadora, papel vexetal, fritideira de aire (ou forno).
Elaboración:
Para comezarmos, temos de picar as nosas peitugas. Podedes obviar este paso, se comprades directamente carne picada de polo. Sazonámola co curry, o allo, a cebola, o ourego, a pementa moída e o sal. Non vos poñemos cantidades, xa que iso depende do gusto de cada unha.
Sobre un papel vexetal, separamos a masa en dúas partes e estirámola dándolle unha forma rectangular. Nun dos lados, poñemos o tomate, en lascas, o queixo e as espinacas.
Tapamos o recheo. Neste paso o máis sinxelo é que volquedes o polo coa axuda do papel vexetal.
Pechamos os bordos apertando o polo e empoamos co parmesano.
Facémolas na fritideira de aire a 180º durante 12 minutos e 5 min máis a 205º.
E xa estarían listas para comer!
Agardamos que vos guste e a poñades en práctica! Unhas empanadillas diferentes, mais cun sabor delicioso! Ademais, son moi rápidas de facer e temos unha cea ou unha opción para levar candomimos de excursión xenial, xa que as podemos comer coma se fosen empanadillas de verdade!
Xa nos contaredes se vos gusta!
Lémonos, bolboreteirxs 🥰♥️!
Ningún comentario:
Publicar un comentario