xoves, 20 de febreiro de 2025

Coliflor con crema de cacahuete

Bo día, bolboreteirxs! Que tal estades? 
Si, listes ben! Coliflor con crema de cacahuete e tahini! unha mestura sorprendente mais deliciosa! Nós vimos a receita nun vídeo e chamounos tanto a atención que xa a tivemos que recrear, e non defraudou! Todo o contrario!
É ideal como acompañamento dunha carne ou un peixe para así facer unha comida súper completa! Porén, tamén é xenial como prato único cun anaco de pan 😜! Como aquí somos moi de verduras, sempre tentamos ter varios recursos para non tirar unicamente do wok.
Aquí vos deixamos a receita: 


Coliflor con crema de cacahuete 




Ingredientes:

  • 1 coliflor
  • 2 culleradas de crema de cacahuete
  • 1 culleradas de tahini
  • O zume dun limón    
  • 2 culleradas de aceite
  • Xenxibre en po
  • Pementa moída
  • Sal 




Utensilios: unha táboa e un coitelo, unha cunca e un batedor manual e unha fonte apta para o forno.



Elaboración: 


Para comezar, temos de cortar a coliflor en ramas e lavámola moi ben! Secamos con papel de cociña.

De seguir, facemos a salsa. Para iso, mesturamos a crema de cacahuete, o tahini, o zume, o aceite e as especies.



Até que quede unha masa homoxénea.



Mollamos as ramas de coliflor na salsa.




E colocámolas na bandexa do forno.


Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 25-30 minutos, até que vexamos que está dourada.



E xa estaría lista para comer! 



Agardamos que vos guste e a poñades en práctica! Como vedes, seguimos xogando cos ingredientes e cos sabores para probarmos pratos sorprendentes! 


Xa nos contaredes se vos gusta! E un millón de grazas por estar sempre aí apoiándonos ♥️!
Lémonos, bolboreteirxs 🥰!

Ningún comentario:

Publicar un comentario