Amosando publicacións coa etiqueta rápida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rápida. Amosar todas as publicacións

xoves, 27 de febreiro de 2025

Empandilla de polo rechea

Bo día, bolboreteirxs! Que tal estades? 
Estamos aquí un xoves máis cunha nova receita. Esta vez presentámosvos unha forma bastante orixinal de facer empanadillas, xa que en lugar de usar masa imos usar o propio polo! Esta receita estivo viralizada en TikTok e non nos puidemos resistir a non probala. Nós propoñémosvos un recheo, moi sinxelo e saudábel, mais podedes xogar coa vosa imaxinación, ou cos ingredientes que teñades no frigorífico! 

Aquí vos deixamos a receita: 


Empanadilla de polo rechea



Ingredientes: 

  • 2 peitugas de polo
  • 1 tomate
  • Queixo        
  • Espinacas
  • Parmesano en po

sábado, 4 de maio de 2019

Empanadillas de gambas ao curry

Bo día, bolboreteir@s! Como nos gusta maio! Achégase o verán, comezan as festas... Que ben! Entre todo isto, gústanos especialmente por comezarmos a facer as saídas para xantar fóra, no parque ou na praia. Así pois, vimos tendo unha acumulación de receitas para ir de picnic que aumentamos cada ano. E aquí é onde entra en xogo este petisco que hoxe vos presentamos, que vén cargadiño de sabor.
Xa sabedes, o curry non pasa desapercibido e hai quen o adora e quen o odia. Nós obviamente, estamos no primeiro grupo e nunca falta na nosa lacena un pouquiño desta especia asiática, que asociamos principalmente á cociña hindú. Ademais, sabiades que o termo curry chega a través do portugués? De feito, a nosa forma debería de ser "caril", tal e como na lusofonía se di, designando así "kari", que sería salsa en tamul, lingua que se falaba no sur da India.
Ben, denominada dunha forma ou outra, apetecen, non é?



Empanadillas de gambas ao curry



Ingredientes:

  • Masa para empanadillas
  • 200 g de gambas
  • 100 ml de viño branco
  • 1/2 cabaciña
  • 1 cebola
  • 2-3 dentes de allo
  • 1 cullerada de curry
  • Pementa moída

sábado, 20 de febreiro de 2016

Flor de chocolate

Que friaxe!!! Que bos días están para nos gardar na casiña e cociñar algo quente para entrar en calor. Sobre todo, co que presta nesas antigas cociñas de leña capaz de resistir contra o inverno máis duro.
Esta ideal situación enxebre non foi a nosa, mais o caso é irmos cociñarndo algunha que outra larpeirada e, sobre todo, desfrutala despois, haha. 
Hoxe imos cunha destas que triunfan sempre pola combinación perfecta de velocidade e sinxeleza. Canto a sabor, pouco hai que dicir. Tod@s sabemos do éxito da combinación simple de follado e chocolate. Non se precisa nada máis. Aínda coa gorentosa trenza de chocolate no maxín, probamos noutro formato.
Coñecímola a través dunha destas contas de que tanto gustamos tipo Tasty, Tastemade e demais. Iso si, antes de nós probar a facela, xa tivemos a sorte de degustala na casa duns bos amigos. Tan encantad@s quedamos que pasou á nosa listaxe de receitas pendentes. 
E aquí a tedes. Unha sobremesa sin complicación e alto rendemento visual e saboroso. Ideal para cando non fica moito tempo para completar o menú.

Flor de chocolate

Ingredientes:
  • 2/3 láminas de follado
  • 200 gr de crema de cacao e avelás
  • 1 ovo batido
  • Fariña (opcional)

Utensilios: bandexa de forno, papel vexetal, un rolete, unha culler e un vaso.