Bo día, bolboreteir@s! Como nos gusta maio! Achégase o verán, comezan as festas... Que ben! Entre todo isto, gústanos especialmente por comezarmos a facer as saídas para xantar fóra, no parque ou na praia. Así pois, vimos tendo unha acumulación de receitas para ir de picnic que aumentamos cada ano. E aquí é onde entra en xogo este petisco que hoxe vos presentamos, que vén cargadiño de sabor.
Xa sabedes, o curry non pasa desapercibido e hai quen o adora e quen o odia. Nós obviamente, estamos no primeiro grupo e nunca falta na nosa lacena un pouquiño desta especia asiática, que asociamos principalmente á cociña hindú. Ademais, sabiades que o termo curry chega a través do portugués? De feito, a nosa forma debería de ser "caril", tal e como na lusofonía se di, designando así "kari", que sería salsa en tamul, lingua que se falaba no sur da India.
Ben, denominada dunha forma ou outra, apetecen, non é?

Empanadillas de gambas ao curry
Ingredientes:
- Masa para empanadillas
- 200 g de gambas
- 100 ml de viño branco
- 1/2 cabaciña
- 1 cebola
- 2-3 dentes de allo
- 1 cullerada de curry
- Pementa moída