martes, 12 de xuño de 2018

Chebureki

A estas alturas e só co título, seguramente vos esteades a preguntar que é isto de chebureki. E a iso imos, á explicación, porque cremos que non está mal saber o que temos diante antes de o preparar ou comer. 
Con esta receita, iniciamos unha ciclo ligado ao evento deportido deste verán. Xa sabedes que entre nós temos un futboleiro moi futboleiro e claro, pensamos en comezar unha edición gastronómica do mundial de Rusia. Así pois, nas próximas semanas, iremos traendo algunhas receitas ligadas aos diferentes países que participan nesta competición.
E claro, por cal iamos comezar senón polo anfitrión. Rusia é un país que nos chama a atención mais do que sabemos moi pouco, especialmente canto á gastronomía e todo o que podamos aprender, benvido será.
Chegamos entón a este chebureki, unha variante da empanada, cunha masa máis doce e cremosa, que pasa pola tixola logrando así o toque crocante diferencial. En San Petersburgo véndense milleiros cada día posto que hai comercios especializados na súa venda.
Imos ver os sinxelos pasos para a elaboración:



Chebureki


Ingredientes:


Para a masa:
  • 300 gr de fariña
  • 1 vaso grande de leite
  • 2 culleradas de aceite
  • 1 ovo
  • 1 chisco de sal

Para o recheo: 
  • 150 gr de carne picada de tenreira
  • 150 gr de carne picada de porco
  • 1 pemento
  • 1 cebola
  • Pementa moída
  • Coantro
  • Sal

Para fritilas:
  • Aceite de oliva

Utensilios: unha picadora, unha tixola, unha escumadeira, un rolete, unha cunca, un vaso, un garfo e papel absorbente.



Elaboración:


Para comezarmos,  mesturamos a fariña, o leite, o aceite, o ovo e un chisco de sal até conseguir unha masa elástica e homoxénea. Reservamos. 



A continuación, imos facer o recheo. Picamos o pemento e a cebola. 


E mesturámola coa carne picada e salpementamos  e engadimos coantro ao noso gusto. 




Agora, collemos unha porción de masa e estirámola procurando unha forma esférica. 


Agregamos parte da carne mesturada coas verduras. 


Pechamos a empanadilla dobrando á metade e pasamos o garfo polos bordos para pechalos ben. 


Fritimos en abundante aceite e pasámolas a un prato con papel vexetal.


Deixamos que arrefríen un pouco e xa estarían listas para comer!


Agardamos que vos gusten! 


As nosas cremos que non chegarán mais vemos nestes cheburekis, unha opción ideal para este xoves desfrutarmos do inicio da Copa do mundo. E para as persoas que non gustades do fútbol, serve tamén calquera outro motivo. O caso é procurar excusas para papar. E nós desas temos moitas, haha.
Forte aperta, amig@s e viva Rusia!

2 comentarios:

  1. No conocia esta receta y con lo que nos gustan las empanadillas tengo que ponerme las pilas y hacerlas.
    Uuuummmmmmmmmmmmmm de buena gana daba cuenta de un trozo ahora mismo tiene que estar de rexupete.
    Bicos mil y feliz finde wap@s.

    ResponderEliminar