Que friaxe!!! Que bos días están para nos gardar na casiña e cociñar algo quente para entrar en calor. Sobre todo, co que presta nesas antigas cociñas de leña capaz de resistir contra o inverno máis duro.
Esta ideal situación enxebre non foi a nosa, mais o caso é irmos cociñarndo algunha que outra larpeirada e, sobre todo, desfrutala despois, haha.
Hoxe imos cunha destas que triunfan sempre pola combinación perfecta de velocidade e sinxeleza. Canto a sabor, pouco hai que dicir. Tod@s sabemos do éxito da combinación simple de follado e chocolate. Non se precisa nada máis. Aínda coa gorentosa trenza de chocolate no maxín, probamos noutro formato.
Coñecímola a través dunha destas contas de que tanto gustamos tipo Tasty, Tastemade e demais. Iso si, antes de nós probar a facela, xa tivemos a sorte de degustala na casa duns bos amigos. Tan encantad@s quedamos que pasou á nosa listaxe de receitas pendentes.
E aquí a tedes. Unha sobremesa sin complicación e alto rendemento visual e saboroso. Ideal para cando non fica moito tempo para completar o menú.
Flor de chocolate
- 2/3 láminas de follado
- 200 gr de crema de cacao e avelás
- 1 ovo batido
- Fariña (opcional)
Utensilios: bandexa de forno, papel vexetal, un rolete, unha culler e un vaso.