sábado, 20 de febreiro de 2016

Flor de chocolate

Que friaxe!!! Que bos días están para nos gardar na casiña e cociñar algo quente para entrar en calor. Sobre todo, co que presta nesas antigas cociñas de leña capaz de resistir contra o inverno máis duro.
Esta ideal situación enxebre non foi a nosa, mais o caso é irmos cociñarndo algunha que outra larpeirada e, sobre todo, desfrutala despois, haha. 
Hoxe imos cunha destas que triunfan sempre pola combinación perfecta de velocidade e sinxeleza. Canto a sabor, pouco hai que dicir. Tod@s sabemos do éxito da combinación simple de follado e chocolate. Non se precisa nada máis. Aínda coa gorentosa trenza de chocolate no maxín, probamos noutro formato.
Coñecímola a través dunha destas contas de que tanto gustamos tipo Tasty, Tastemade e demais. Iso si, antes de nós probar a facela, xa tivemos a sorte de degustala na casa duns bos amigos. Tan encantad@s quedamos que pasou á nosa listaxe de receitas pendentes. 
E aquí a tedes. Unha sobremesa sin complicación e alto rendemento visual e saboroso. Ideal para cando non fica moito tempo para completar o menú.

Flor de chocolate

Ingredientes:
  • 2/3 láminas de follado
  • 200 gr de crema de cacao e avelás
  • 1 ovo batido
  • Fariña (opcional)

Utensilios: bandexa de forno, papel vexetal, un rolete, unha culler e un vaso.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de preparar as láminas de follado. Nos ingredientes poñemos 2-3 láminas porque dependerá de como as teñades; nós tíñamolas conxeladas, dos típicos paquetes que veñen 2, e estirámolas coa axuda do rolete e unha pouca da fariña e fixemos as tres láminas redondas. Podedes darlle forma coa axuda dun prato.


Colocamos a primeira sobre a bandexa do forno, cuberta con papel vexetal, e estendemos unha capa de crema de cacao con avelás, coa axuda dunha culler ou dun coitelo. Un truco para que se estire mellor é quentala uns segundos no microndas. 




Tapamos con outra capa de follado e botamos o resto da crema de cacao e, finalmente, cubrimos coa última capa de follado. Colocamos un vaso no centro. 


E facemos 16 cortes sen chegar ao vaso. Primeiro podemos facer cuartos, os cuartos en medios e, outra vez, os medios á metade. 


De seguir, témolos que coller de dous en dous e, primeiro, xiralos sobre si mesmos 2-3 veces e, ao final, pegamos os bordos. Como sabemos que este paso é un pouco lioso, deixámosvos un pequeno vídeo que fixemos. 





Así é como nos debería de quedar. 


Quitamos o vaso. 


E pintamos co ovo batido.


Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante, aproximadamente 20 minutos, até que vexamos que o follado está douradiño. Deixamos que arrefrie un momento (para que non rompa o follado) e desmoldamos. 


E xa estaría preparado para comer!! Que vos aproveite esta larpeirada chocolatada. De seguro que xa estades babexando... Pois non pasedes ganas del. Se non tedes eses poucos ingredientes na casa, baixades nun momento, e pouco tardaredes en tela xa á vosa disposición. 
Despois só queda ir repartíndonos os pétalos da flor, até acabar con ela, que xa vos aseguramos que ha de ser máis cedo que tarde. Con todo o desexo de que vos encante a última receita, mandámosvos unha fortísima aperta e deixámosvos esta entrada que dedican en Carta Xeométrica aos diferentes cadernos dixitais gastronómicos galegos. Mil grazas polo artigo e unha forte aperta a tod@s! 


9 comentarios:

  1. Te has adelantado a la primavera con esa preciosa flor que hasta da pena comerla.
    Felicitaciones por tan elaborado trabajo.
    Cariños y buena semana.
    kasioles

    ResponderEliminar
  2. Que xeitosiña quedou e que rica está ca crema de chocolate, a pilla a miña filla por diante e non te da tempo a tomarlle fotos jajajaja.

    Bicosss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha, é normal co rica que está (a nós tamén nos costou non catala, hahaha)!!!
      Un bico enorme!!

      Eliminar
  3. Uummmmmmmmmmmmmmmm de muerte relenta no lo siguiente en casa no dejariamos de hacerte la ola te ha quedado de relujo.
    Por que no puedo que si no me la llevaba toda y toda jis jis.
    Bicos mil y feliz semana wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahaha! Que ben!! Pois é moi fácil de facer!
      Grazas por todo!
      Apertas!

      Eliminar
  4. hojaldre y chocolate es la pareja perfecta y si encima se ve tan bonita estoy segura de que no dejaron ni las miguitas, me encanta! biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non, a verdade é que non sobrou nadiña!! Para nós tamén é unha combinación perfecta, hahaha, unha delicia!
      Apertas e grazas!!

      Eliminar
  5. hojaldre y chocolate es la pareja perfecta y si encima se ve tan bonita estoy segura de que no dejaron ni las miguitas, me encanta! biquiños

    ResponderEliminar