Xa vos dixemos que após o Entroido viña época de recuperación, e aí andamos. Despois do pan de espelta e dos spaguetti de cabaciña, chega un clásico das ensaladas, o que leva por nome o do famoso emperador romano e que talvez sexa a ensalada máis coñecida internacionalmente.
Como a maior parte destas receitas de mestura e combinación, presentan mil e unha variantes, e a nosa será unha máis, con similitudes e diferenzas coas demais. Non todo vale evidentemente, mais por exemplo, o polo, que nós consideramos o elemento distintivo desta ensadala, non aparecía na versión orixinal creada en 1926 en Tijuana, México. Iso si, co tempo, esta ave fíxose imprescindíbel.
Canto á denominación, non hai sorpresa. O seu creador, un imigrante italiano afincado no país azteca, levaba por nome César Cardini.
Nós que sempre defendemos o lugar das ensaladas neste mundo, non iamos deixar de lado unha das ensaladas máis completas que existen; e tamén máis saborosas.
Coñezádela xa ou non, é bo momento para ollardes a receita e a probardes proximamente. De seguro que gustades dela.
A nosa ensalada César saudábel
Ingredientes (para 2 persoas):
- 3 bistés de polo ou pavo
- 2 lascas de pan
- 1/2 leituga
- 1/4 de coliflor
- 1 tomate
- 1 cebola
- 1 culleriña de romeu
Para a salsa:
- 2 culleradas de queixo relado
- 2 culleradas de iogur natural
- 2 culleradas de aceite
- 1 cullerada de vinagre
- 1 culleriña de mostaza
- 2 filetes de anchoa
- O zume e a reladura de medio limón
Utensilios: unha fonte, unha cunca, unha prancha, un relador ou unha mandolina, un coitelo, unha culler e unha táboa.
Elaboración:
Para comezarmos temos de preparar a salsa para a nosa ensalada saudábel. Primeiro mesturamos o iogur e a mostaza.
Engadimos as anchoas ben picadiñas.
Tamén o zume e a reladura do medio limón.
O aceite e o vinagre e, por último, o queixo. Reservamos
A continuación, adobamos os bistés co romeu; mellor se o facemos cun pouco de antelación. Facémolos na prancha. Cortámolos en anaquiños e reservamos.
Cortamos as lasca de pan en cadradiños e tostámolos na prancha un bocado de tempo. Reservamos.
Lavamos e cortamos a leituga en tiras e colocámola no fondo da fonte. Cortamos a cebola en xuliana e relamos a coliflor co relador (ou coa mandolina) e botámolas sobre a leituga.
Cortamos en cuarteiróns o tomate e engadímolos sobre a leituga, a coliflor e a cebola. Engadimos tamén o pan e o pavo/polo.
Salseamos, mesturamos ben e xa estaría preparada para comer!
Agardamos que vos guste e que desfrutedes desta deliciosa e saudábel ensalada. Nós xa iamos sobre seguro xa que adoramos este tipo de ensaladas, mais de seguro que a vós tamén xa sexa nesta ou noutra versión, é un prato bastante transparente que non adoita levar a desenganos. A fin de conta, a clave está en botarlle aqueles elementos de que máis gustamos sen chegar a desvirtuala. Que se non nos entran os tomates, pois espárragos. Que se non gustamos da coliflor, pois brócoli. E así.
De seguro que isto vos dá forza e ánimo para resistir o temporal co estómago ben satisfeito. Unha fortísima aperta!!
Y ahora ya me habéis dejado con la curiosidad de probar la vuestra.
ResponderEliminarEl toque de las anchoas que le habéis puesto a la salsa y esa coliflor añadida, la habéis transformado en algo rico y digno de ser probado.
Volveré, aquí ya sé que se cocinan cosas ricas.
Cariños en el corazón.
kasioles
Son ideas que collemos depois de ler moitas receitas da famosa Ensalada César!
EliminarAquí sempre serás moi ben recibida!! Alegrámonos de que che gusten as nosas receitas!!
Bicos mil guapa!
Que pintaza!
ResponderEliminarMoitas grazas!! 😊😊
Eliminarmuy completa y sabrosa, no se puede pedir mas, me encanta! bicos
ResponderEliminarMoitas grazas!!! 😋
EliminarApertas!!
Uummmmmmmmmmmmmmmm de muerte relenta no lo siguiente me encanta esta ensalada, de buena gana me comia un plato y hace nada que termine de comer.
ResponderEliminarTe ha quedado de relujooooooo.
Bicos mil wapa.
Hahahaha, temos que intercambiar pratos 😂😂
EliminarMil grazas e moitas apertas!
Hola!
ResponderEliminarMuy buena idea!!!
Sólo una duda. Coliflor crudo?
Gracias. Adelante con las recetas.
Olaa,
EliminarSi a coliflor vai crúa, ao ir relada ou en láminas finiñas está moi moi saborosa!!
Moitas grazas a ti!
Apertas 😬🍽
grazas pero eu puxen a coliflor crúa
Eliminarestava boisimo
ResponderEliminarTE MATOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO BOLBORETAS NO BANDULLO
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarYO ME CHÁMO TATI RÓDRIGEZ SILVA I SOY BUESTRA FAAAAN NÚMERO1 I ME ENCANTA COCIAR CON MI MAMA
ResponderEliminarescribe a tua resposta como bolboretas vopppppppppppppppppppppppppp
Eliminar