Xa vos dixemos que após o Entroido viña época de recuperación, e aí andamos. Despois do pan de espelta e dos spaguetti de cabaciña, chega un clásico das ensaladas, o que leva por nome o do famoso emperador romano e que talvez sexa a ensalada máis coñecida internacionalmente.
Como a maior parte destas receitas de mestura e combinación, presentan mil e unha variantes, e a nosa será unha máis, con similitudes e diferenzas coas demais. Non todo vale evidentemente, mais por exemplo, o polo, que nós consideramos o elemento distintivo desta ensadala, non aparecía na versión orixinal creada en 1926 en Tijuana, México. Iso si, co tempo, esta ave fíxose imprescindíbel.
Canto á denominación, non hai sorpresa. O seu creador, un imigrante italiano afincado no país azteca, levaba por nome César Cardini.
Nós que sempre defendemos o lugar das ensaladas neste mundo, non iamos deixar de lado unha das ensaladas máis completas que existen; e tamén máis saborosas.
Coñezádela xa ou non, é bo momento para ollardes a receita e a probardes proximamente. De seguro que gustades dela.
A nosa ensalada César saudábel
Ingredientes (para 2 persoas):