xoves, 6 de marzo de 2025

Ñoquis crocantes

Bo día, bolboreteirxs! Que tal de Entroido? Nós aínda estamos de resaca festiva. Estivemos de ruta por Maceda, Laza, Santiago de Arriba, Verín e Xinzo e pasámolo demasiado ben gozando do Entroido máis tradicional, das figuras e dos costumes típicos de cada zona. 

Hoxe, como todos os xoves, traémosvos unha nova receita, moi sinxela, e que seguro se converte nunha opción xenial para acompañar os vosos pratos. Probamos a facela hai uns días, xa que nesta casa todxs adoramos os ñoquis, e xa a repetimos 2-3 veces. Aquí vola compartimos: 


Ñoquis crocantes


Ingredientes:

  • Ñoquis
  • Allo en po
  • Cebola en po       
  • Pemento doce 
  • Pemento picante 
  • Curry
  • Ourego 
  • Pementa moída 
  • Sal 
  • Aove

Utensilios: unha cunca, unha culler e unha fritideira de aire. 


Elaboración:


Para comezarmos, temos que condimentar os nosos ñoquis. Nós utilizamos as especias que vos deixamos arriba. Nós vos poñemos cantidades porque iso vai ao gusto de cada comensal.

 

Mesturamos moi ben e botamos un chisco de AOVE. 


E colocámolos no cesto da fritideira de aire. Nós usamos papel vexetal para non manchar moito mais iso é totalmente opcional.



Cociñamos a 180º durante 15 minutos. 


E xa estarían listos para comer! Desta volta, fixémolos para acompañar as empanadillas de polo que fixemos a semana pasada, mais podémolos usar para complementar unha ensalada, algunha carne, peixe… ou que máis vos guste.



Agardamos que vos guste e que a poñades en práctica.


Como vedes, é unha receita moi sinxela, que ten moi pouco tempo de preparación! Así mesmo, o sazón podédelo cambiar segundo os vosos gustos, ou incluso as especias que teñades pola casa! 



Mil grazas por acompañarnos unha semana máis!
Lémonos, bolboreteirxs! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario