domingo, 12 de decembro de 2021

Alcachofas con xamón

Boa noite, bolboreteir@s!! Xa vén o Nadal enriba e algún xa leva a pretempada moi adiantada coas enchentas e as lambetadas. Pois ben, como sabedes, este mes é complicado para comer e vai haber días que mesmo dubidemos se nos compensa preparar a comida e non subsistir coa enchenta da cea/xantar anterior. Pois ben, cremos que un prato como o que aquí hoxe presentamos, que cumpre con moitos requisitos, rápido-saudábel-sinxelo pode encaixar moi ben para as vosas ideas destas semanas. 

Estamos a falar dunha combinación bastante clásica e que en moitas casas xa coñecederedes, xa for así ou con outro tipo de verdura-legume tipo xudías, chícharos... Mais a verdade é que un pouquiño de xamonciño encaixa ben con case todo. Aquí unha proba ben satisfactoria. 


Alcachofas con xamón





Ingredientes:

  • 1 bote de alcachofas
  • Xamón ben picadiño
  • 1 dente de allo
  • Aceite






Utensilios: unha tixola, unha culler e un coitelo. 


Elaboración: 

Para comezarmos, temos de rustrir o dente de allo en dúas culleradas de aceite. 


Agregamos os taquiños de xamón. 


E o bote de alcachofas (líquido e verduras). 


E cociñamos 10-15 minutos, até que se evapore bastante o líquido. Servimos.


E xa estarían listas para comer! Unha receita fácil e rápida, como vedes! Xa nos contaredes o resultado ou a variante executada. Forte aperta, bolboreteir@s!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario