Empezamos a semana cunha nova receita 🤩: CUNCA DE AÇAI 🍓🫐🍌😍 Un almorzo (ou merenda) perfecto, saudábel e moi completo. O açai está considerado coma un superalimento debido as súas múltiples propiedades beneficiosas para a saúde. Cultívase en América do Sur e púxose moi de moda nos últimos anos.
Nós hai pouco tempo que probamos a CUNCAS DE AÇAI e desde aquela quedamos namorados e volvéronse fundamentais para nós 😍! O açai conseguímolo a través da rede, mais en grandes superficies ou herbolarios tamén o podedes comprar. Despois, é xogar cos sabores das froitas, e as texturas, e coas cantidades que son axeitadas para cada un.
Cunca de açai
Ingredientes:
- 300 g de froita (amorodos, froitos vermellos, manga…)*.
- 2 plátanos, fundamentais, para dar cremosidade*.
- 1/2 vaso de leite ou bebida vexetal.
- 1 cullerada de açai en po.
Para decorar:
*Se conxelamos a froita, teremos unha textura tipo xeado. Porén, nós preferimos a froita semiconxelada, é dicir, sacámola do conxelador 30 min antes de facer a cunca, para que non estea tan fría.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar a froita xunto coa bebida e o açai.
Botamos a mestura nunha cunca.
Engadimos froita en anacos: plátano, arandos… e a granola, que fixemos o outro día, para darlle o toque crocante. Tamén se pode engandir unha cullerada de crema de cacahuete para darlle un toque diferente.
E xa estaría lista para comer!
Saúdabel, delicioso e refrescante❣️ Un básico xa nos nosos almorzos e merendas, e ao peque encántalle porque parece que está comendo un xeado 🍧. Probástelo algunha vez? 😊🥰🤩❤️
Ningún comentario:
Publicar un comentario