Bo día, lambonciñ@s, como levades a última semana de novembro? Xa desexando a chegada do Nadal ou máis ben teméndoa? Nós agardámola con moita alegría entre outros motivos porque nos gusta o ambiente e tamén para ter uns días de descanso. Con todo, sabemos que veñen tempos de moito papar polo que convén ir compensar con anticipación polo que estamos a traballar en novas receitas saudábeis. Habitualmente adoitan ser estas das máis lidas, percíbese que hai un público lambón mais tamén moi amigo da healthy-food que lle chaman agora.
Desta volta, tiramos proveito dunha web interesante como é Postres saludables en que encontramos esta e outras mil ideas para preparar. Tiñamos claro o obxectivo, un biscoito para os almorzos da semana así que demos co perfecto. Velaquí fica: