Como ides vendo, nesta tempada non paramos de lle tirar proveito a todo o que provén da horta, especialmente tomates e pementos, que están a vir en cantidades inxentes.
Nós somos moi daquelas receitas en que todo o protagonismo recae nas verduras e entre estas o pisto é unha das clásicas que aínda nunca probaramos. E como é que non o prepararamos até agora? Pois tampouco sabemos darlle resposta pois é un grande recurso de validez diaria.
É moi común en todo o territorio peninsular aínda que parece que comezou a cociñarse na Mancha a partir dos produtos que ían recollendo da horta.
Aínda que o fundamental no pisto son os pementos, tomates e cabaciñas a verdade é que hai moitísima variedade canto ás elaboracións aínda que en Bolboretas no bandullo optamos pola tradicional para comezar. Iso non quita que vaiamos ir probando novas combinación a partir da idea primixénea. De momento, imos desfrutar desta :-)
Pisto
Ingredientes:
- 250 g de salsa de tomate
- 1 cabaciña
- 1/2 pemento verde
- 1/2 pemento vermello
- 1 cebola
- 2-3 dentes de allo
- 1 chile (opcional)
- Aceite de oliva
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: unha tixola, unha táboa e un coitelo e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, rustrimos os dentes de allo e o chile en 3 culleradas de aceite.
Cando se comece a dourar, engadimos a cebola, cortada finamente.
E os pementos, tamén cortados en cadrados pequenos.
Cando a cebola e os pementos estean rustridos, engadimos a cabaciña, picada finamente. Salpementamos ao noso gusto.
Cociñamos 10-15 minutos e agregamos a salsa de tomate. Mesturamos ben e rustrimos 15 minutos máis.
E xa estaría preparado para comer!!!
Agardamos que vos guste e que o poñades en práctica 😉
Para @s que gustades da verdura pouca explicación vos teremos que dar pois tendo unha boa materia prima, como neste caso, aseguramos o goce culinario. Viva a hora e viva os produtos da nosa terra.
Forza e sabor para esta nova semana, bolboreteir@s!!
Uummmmmmmmm donde este un pisto asi como una salsa de tomate o tomate frito casero que se quite todo, no dudo ni un segundo que este de muerte relenta ,os ha quedado de relujo.
ResponderEliminarBicos mil wap@s.
Totalmente de acordo! Nós comeriamos a base diso, haha!!
EliminarApertas!