Ollo, chega a bomba calórica da tempada mais un día é un día e ben nos podemos dar un capricho cunha lambetada das que fican na memoria. Adoitamos preparar tortas cheas de sabor e onde o chocolate ten un papel fundamental e aquí volvemos ter cacao mais moito máis, tamén cor e moitas sorpresas nos primeiros bocados.
Desta volta non foi idea nosa senón que a descubrimos na canle de Home Cooking Adventure e sentimos o impulso de probala. Aproveitamos un aniversario na casa e puxémonos man á masa. A verdade é que non tiñamos a seguridade que ofrecen outras tortas porque aquí as combinacións son, canto menos, estrañas. Así pois, ese temor inicial converteuse en satisfacción ao ver xa o resultado final e especialmente cando metimos a primeira dentada entrándomos nun mundo de dozura e case fantasía. Non era para menos, nubes, chocolate, crema de cacahuete... Coidado que vai a bomba, boooom!
Torta de nubes con brownie e crema de cacahuetes
Ingredientes:
Para o brownie:
- 70 g de azucre
- 55 g de manteiga
- 40 g de c hocolate con leite
- 30 g de fariña
- 8 g de cacao
- 1 ovo
- 1 cullerada de vainilla
- Un chisco de sal
Para a capa de nubes:
Para a capa de crema de cacahuetes:
- 150 g de chocolate con leite
- 150 g de crema de cacahuete
- 60 g de abelás
Utensilios: un molde apto para o forno, dúas cuncas, unha espátula, unha culler e papel vexetal.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a capa de brownie. Para iso, derretemos o chocolate coa manteiga no microndas.
Cando estean derretidos, engadimos o azucre.
O ovo.
A vainilla.
O cacao.
A fariña e o chisco de sal.
Botamos a mestura no molde, cuberto por papel vexetal, para que sexa máis sinxelo de desmoldar.
Enfornamos a 180º, co forno prequente e calor arriba e abaixo, durante 18 minutos.
Colocamos rapidamente as nubes e volvemos enfornar até que se derritan, tardarán 4-5 minutos.
Deixamos arrefríar no frigorífico, e facemos a última capa. Derretemos o chocolate coa crema de cacahuete.
E cando estea listo, engadimos as abelás, picadas.
Estemos a capa sobre as nubes e arrefríamos durante 3-4 horas, mellor unha noite.
Pasado ese tempo, desmoldamos e xa estaría listo para comer!
Agardamos que vos guste!!
Na nosa casa miraban con desconfianza antes de probar debido a esa masa viscosa intermedia. Mais acabaron tamén por se render aos contrastes logrados entre os diferentes ingredientes.
Vaia invento. Anotade a idea e ficade con esta saborosísima torta para cando procuredes sensacións diferentes na repostaría. Boa finde, amig@s!!
Ains maaaaaaaaaaadre no sabeis lo que me tentasteis cuando vi la foto la Instagram y ahora que veo el paso a paso relamiendome estoy.
ResponderEliminarSe ve divinisimo no lo siguiente y no dudo ni un segundo que este de rexupete ,pena no poder dar cuenta de un trozo.
Bicos mil y feliz inicio de semana wap@S.
Obxectivo cumplido! Tela que probar que seguro que che encanta!!!
EliminarBicos!!!