Bo día, bolboreteir@s!! Como levades a fin de semana? De seguro que xenial, moit@s andaredes polo San Froilán (desfrutade!) e outr@s agardando a preparar os primeiros magostos da tempada, que xa van tardando.
Nós aproveitando para corrixir e preparar aulas e tamén para elaborar novas receitas entre as que se encontra a que hoxe vos presentamos.
Hai unhas semanas fomos cuns amigos ao restaurante asiático da rúa San Andres da Coruña, KohLanta o cal vos recomendamos moi encarecidamente. Ben, pois alén de gozar de moi diferentes pratos de fusión xaponesa-tailandesa, tamén poñén produtos ao dispor do comensal para mercar, difíciles de adquirir noutros lugares. Como os probaramos ese mesmo día, non puidemos evitar levar estes tallaríns de arroz.
Con eles configuramos un prato de pasta diferente pola textura do produto base e pola variedade de produtos que fomos achegando entre os que destacan, por exemplo, o xenxibre ou a soia. Vaia xoia!!!

Fideos de arroz con pavo e verduras
Ingredientes:
- 200 g de fideos de arroz/noodles
- 2 filetes de pavo
- 1 brócoli
- 2 cenorias
- 1 cebola
- 1/2 pemento
- 2 dentes de allo
- 5-6 culleradas de soia
- 1/2 vaso de auga
- 2 culleradas de aceite
- 1 culleriña de xenxibre
- Un chisco de sal
Utensilios: unha tixola/wok, unha táboa e un coitelo, unha pota e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que cocer os fideos de arroz ou os noodle, seguindo as indicacións do paquete. Nós cocímolos en auga quente durante 7 minutos. Escoamos e reservamos.
Mentres tanto, quentamos o aceite e engadímosll as cenorias, o pemento, o allo e a cebola cortadas en xuliana. Tamén a auga, a metade da soia, o chisco de sal e o xenxibre. Cociñamos 3-4 minutos.
Engadimos o pavo, tamén cortado en tiras.
E, cando, o pavo colla un pouco de cor, engadimos o brócoli.
Mesturamos moi ben e deixamos cociñar 5 minutos máis.
A continuación, engadimos os fideos de arroz e o resto da soia e mesturamos moi ben.
Servimos e xa estaría listo para comer!!
Agardamos que vos gusten e que poñades en práctica esta fantástica receita.
A cantidade que preparamos era para 3-4 persoas e contabamos repetir no xantar da xornada seguinte mais non resistimos a tentación. Repetimos os dous e os fideos ficaron na nada. Canto sabor. De encontrardes esta pasta animámosvos a preparardes esta receita e senón sempre se pode probar cuns tallaríns tradicionais. O resultado veredes que é espectacular. Boa finde amig@s!!
Uummmmmmmmmm que ganas de llevarme un plato para la cena ,seguro que esta de rexupete con el pavo yo los preparo con pollo .
ResponderEliminarComo siempre receta y fotos del paso a paso son de 20 points.
Bicos mil wap@s.
Con polo tamén están riquísimos, nós tamén os facemos ás veces con el!
EliminarMoitas grazas por pasarte sempre!
Un bico!