Bo día, bolboreteir@s! Como vai a entrada deste outono con aspecto estival? Agardamos que esteades a desfrutar do sol e tamén das terrazas, que estes días aínda prestan moito. Ben, falando de terrazas, esta semana fomos xantar a unha cafetaría da Coruña que non coñeciamos, o Grand Cru Café La Cantera (na rúa Cidade de Lugo). Situada fronte ao Palacio da Ópera, collemos sitio nunha terraza do máis agradábel e na que nos sorprendeu moi agradabelmente a calidade dos produtos. Alén dos pratos principais (canelóns de filloas e hamburguesa de chocos na súa tinta), quedamos conquistados cun petisco que nunca antes probaramos, un paté de olivas que hoxe vos imos presentar aquí. O bo, haino que compartir!
Para comezarmos, botamos as olivas no vaso do batedor.
Agardamos que vos guste e que o poñades en práctica 😉
Paté de olivas negras
Ingredientes:
- 100 g de olivas negras
- 1 cullerada de alcaparras
- 3 culleradas de zume de laranxa
- 2 culleradas de aceite de oliva
- 1 culleriña de tomiño
- 1/2 culleriña de ourego
- 1/2 culleriña de pementa moída
Para acompañar: unhas galletas salgadas, nós usamos Mariñeiras con chía.
Utensilios: un batedor eléctrico e un vaso.
Elaboración:
Para comezarmos, botamos as olivas no vaso do batedor.
Engadimos tamén as alcaparras.
O tomiño, o ourego, a pementa, o zume e o aceite.
Trituramos moi ben.
Servimos acompañándoo dunhas galleta e xa estaría listo para comer!
Agardamos que vos guste e que o poñades en práctica 😉
Ten boa pinta, non é? Pois puxemos o cronómetro e descubrimos que se completa o proceso en menos de cinco minutos. Probade vós e xa nos comentades tempo de elaboración e, sobre todo, resultado culinario. Havos de sorprender! Forte aperta, amig@s!!
Hamburguesa de chocos ???.
ResponderEliminarIncrible o que damos inventado.
Unha delicia, 100% asegurado!
Eliminar