Ola, bolboreteir@s! Canto había que non preparabamos un doce coma este. O brownie é unha das nosas larpeiradas favoritas e non falla cando nos queremos dar unha homenaxe, subir o ánimo ou simplemente desfrutar do chocolate en todo o seu esplendor.
Desta volta necesitabamos un biscoito ou torta para o aniversario da avoa e para non perdermos moito tempo agora que andamos algo enleados co inicio das aulas, optamos por un brownie no que as froitas entrasen en xogo.
Desta volta necesitabamos un biscoito ou torta para o aniversario da avoa e para non perdermos moito tempo agora que andamos algo enleados co inicio das aulas, optamos por un brownie no que as froitas entrasen en xogo.
Se quixerdes arrasar entre os vosos comensais ou gozardes inmensamente desta lambetada, esta é a vosa receita. Para non perder!!
Brownie de froitos vermellos
Ingredientes:
- 125 g de framboesas
- 125 g de arandos
- 225 g de manteiga
- 200 g de azucre moreno
- 100 g de chocolate negro
- 50 g de fariña
- 50 g de cacao en po
- 1 cullerada de vainilla
- 1/2 culleriña de bicarbonato
- Un chisco de sal
Para decorar: azucre glas e algunha framboesa e arandos.
Utensilios: dúas cuncas, un batedor manual, unha culler de pau, unha fonte apta para o forno e unha peneira.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de derreter o chocolate coa manteiga no microonda ou ao baño maría. Reservamos
Mentres tanto, batemos os ovos co azucre.
A continuación, engadimos o chocolate coa manteiga e integrámolos ben.
Mesturamos a fariña, o cacao, o bicarbonato e o sal e, pouco, a pouco, botámolos, coa axuda da peneira, na mestura anterior.
Engadimos as framboesas e os arandos, ben lavados.
Á parte, preparamos o molde. Estendemos unha fina capa de manteiga e empoamos cun chisco de fariña. Isto facémolo para que o brownie non se pegue e o poidamos desmoldar con facilidade.
Botamos a masa no molde.
Enfornamos, co forno prequente, a 170º, calor arriba e abaixo, durante, aproximadamente, 30 minutos.
Deixamos que se atempere e desmoldamos. Decoramos con azucre glas e algunha froita máis.
E xa estaría listo para comer! Se currillades un pouco polo noso Instagram veredes o que esconde no interior. Un espectáculo gastronómico. Lean, cociñen e... saboreen! Apertas, bolboreteir@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario