Boa noite, bolboreteir@s!! Como estades? Algúns xa pensaban que remataba a fin de semana sen a ansiada receita mais... non!!! Aquí chega o recheo, o corazón que dá vida á receita da pasada semana. Recordade o pan de hamburguesa de espelta integral que xa conquistou a moit@s e que actuou como contorna desda tremenda delicia con moitas menos calorías das habituais e cun sabor para sacar os ollos das cuncas.
Dixémosvos moitas veces do noso interese pola cociña vegana xa que a consideramos pura creatividade e aquí volvemos coller ideas dela (aínda que desta volta sumamos tamén carne). Teñen así cabida sabores moi diversos xogando cada un o papel suficiente para lograr unha delicia perfecta. Ollade:
Hamburguesa saudábel
Ingredientes:
Para a carne:
- 300 g de carne picada
- 150 g de soia textutizada
- Queixos tipo “Babybell”
- 1 cullerada de allo en po
- 1 cullerada de cebola en po
- 1 cullerada de pemento doce
- Auga
- Soia
Para a montaxe:
- Pan de hamburguesa
- Guacamole
- Chili con carne vegano (proximamente en IG)
- Leituga
- Queixo (opcional)
Utensilios: unha cunca, unha prancha e un aro metálico.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de remollar a soia en auga cunha pouca de salsa de soia.
A continuación, mesturámola coa carne picada e as especias.
Colocamos o aro metálico e cubrimos o fondo coa mestura anterior e colocamos no centro un queixiño.
Cubrimos con máis carne. Quedan un pouco gordiñas.
Facemos a carne na prancha. Aproveitamos, tamén, para quentar o pan.
E só queda montar a hamburguesa. Empezamos untando no pan guacamole.
Colocamos a carne.
A leituga e o queixo.
E o chili con carne.
Tapamos co pan.
E xa estaría lista para comer!
Pouco máis se lle pode pedir a unha hamburguesa deste tipo. Si, hai mil e unha variantes, claro, mais que sexa saudábel e que xunte tanto sabor... mmmmmm! Fica para vós. Forte aperta!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario