sábado, 6 de xullo de 2019

Xeado de amorodos e plátano (saudábel)

Bo día, bolboreteir@s! Como vai? Nós deixamos Viveiro atrás entre a festa máxima do Resurrection e acudimos á voda da nosa mellor amiga, polo que deixamos publicada esta receita que tanta alegría nos trouxo. E por que esa felicidade? Porque levamos cinco anos e medio de blogue e aínda non foramos quen de preparar un xeado. Sempre era unha das tarefas pendentes do verán e desta volta foi e non imaxinabamos que podería ter sido tan sinxelo. Sempre nos botaba para atrás polo feito de non ter xeadeira e porque viamos que en moitas receitas o proceso de elaboración era moi lento e laborioso. 
Porén, con esta que hoxe vos traemos veredes que non hai complexidade ningunha. Deixarlle traballar ao conxelador e gozar dun xeado saboroso e moi moi saudábel. Aquí o tedes!





Xeado de amorodos e plátano



Ingredientes:

  • 2 plátanos
  • 4-5 amorodos
  • 200 ml de bebida de améndoa
Para servir:
  • Galletas de barquillo
  • Chocolate (opcional)


Utensilios: unha bolsa, unha cunca, unha manga e un batedor eléctrico.


Elaboración:


A elaboración deste xeado comeza a noite anterior. Cortamos os plátanos e os amorodos en lascas, gardámolas nunha bolsa e conxelámolos. 


Ao día seguinte, botamos a froita nunha cunca xunto coa bebida de améndoa e trituramos moi ben. 


Podemos servir nunhas galletas de barquillo, estas, por exemplo, teñen forma de cunca e, para darlles un toque máis especial, decidimos bañar os bordos con chocolate derretido. 


Coa axuda dunha manga, botamos o xeado nas cuncas e decoramos cunhas lascas de froita. 


Para este xeado, podedes usar tamén framboesas, kiwi, arandos, mango... a froita que máis vos guste ;) Nada mellor para nos refrescar sen excesos neste verán. Verdadeira delicia! Aperta forte, amig@s!!


2 comentarios:

  1. Os ha quedado de relujo y seguro que esta de rexupete no lo siguiente.
    Bicos mil y feliz inicio de semana wap@s.

    ResponderEliminar