Olaaaaa!!! Seguimos creando aproveitando o tempo que nos ofrece o verán para ler, visualizar e saborear. Estivemos aprendendo estes días que os ovos son bastante recomendábeis durante o embarazo e como non estaba comendo moitos decidimos matinar unha receita que lle dese todo o protagonismo ao ovo, variando así das formas clásicas.
E xa vedes ao que chegamos, unha creación orixinal e con moito máis sabor do que se pode mostrar en ningunha imaxe xa que esa pseudoclara do ovo alberga unha intensidade dificilmente esquecíbel para o padal.
Probade a poñerlle estes niños de ovo á xente da casa a ver que vos din. Van flipar! Ollade que pouco para lograr un prato saborosísimo!!

Niños de ovo
Ingredientes:
Utensilios: dúas cuncas, unha bandexa do forno e papel vexetal, un batedor eléctrico (ou un bo brazo).
Elaboración:
Para comezarmos, temos de separar as claras das xemas.
A continuación, montamos as claras cun chisco de sal.
Engadímoslles o bacon, cortado en cadradiños, e o parmesano. Tamén a pementa moída e o ourego ao gusto.
Mesturamos moi ben e facemos círculos na bandexa de forno, cuberta con papel vexetal. No centro, fariamos un oco para pór despois a xema.
Enfornamos a 220º, calor arriba e ventilador, co forno prequente, durante 2-3 minutos.
Pasado ese tempo, colocamos as xemas sobre cada ovo. Hai que colocalas con coidado, mais non vos preocupedes se rompe algunha, a nós tamén nos pasou, haha. E enfornamos 2 minutos máis.
Podemos servir acompañados de patacas ao forno, pan, ensalada... ou o que prefirades ;).
Agardamos os vosos resultados para comprobar o éxito da receita. Aquí conquistounos tremendamente. Sede moi felices. Aperta forte, amig@s!
Que boa pinta!!! �� Esta fareina seguro! ��
ResponderEliminarTeñen un sabor moi sorprendente, xa verás 😉
Eliminar