Bo día, bolboreteir@s!! Como vai a semana. Nós xa estamos instalados na Mariña luguesa gozando das vacacións aínda que non do sol. Vale, xa sabemos que temos un clima marabilloso co que se pode respirar, traballar e demais mais é que nós gustamos de ver o ceo claro de vez en cando, haha. Dános vida!
Ben, o que si, estes días chuviosos que temos por aquí convidan a procurar novas ideas e a crear ao abrigo da cociña. E desta volta vimos que tiñamos uns paus de caranguexo polo frigo e matinamos en que facer para aproveitalos. Non é faneca brava mais isto tamén dá para un pastel moi xeitoso e moi cómodo de elaborar. Ademais, resulta moi fresco e lixeiro para ceas de verán.
Ollade e ide abrindo apetito!

Pastel de caranguexo
Ingredientes:
- 300 g de paus de caranguexo
- 200 ml de nata para cociñar
- 100 ml de salsa de tomate
- 3 ovos
- 1/2 cebola
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: unha cunca grande, un batedor eléctrico e un molde apto para o microondas.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de botar nunha cunca os paus e a cebola.
A salsa de tomate.
Os ovos e salpementamos.
Trituramos e botámolo no molde, previamente engrasado cun chisco de aceite. Cociñamos no microondas 20-25 minutos, e deixamos repousar 5 máis.
Desmoldamos e podémolo acompañar cunhas mariñeiras, picos...
E incluso xa o podemos servir coas galletas e unhas olivas.
Petisco orixinal e que sorprende desde o primeiro bocado. Os paus de caranguexo non son os produtos gastronómicos máis saudábeis do mercado mais de igual maneira que facemos con moito s tipos de friame, podemos darlle moito proveito. Que aproveite! Aperta, bolboreteir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario