Amosando publicacións coa etiqueta marmelada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta marmelada. Amosar todas as publicacións

luns, 7 de xuño de 2021

Torta de queixo con marmelada (sen forno)

Boa noite, bolboreteir@s. Como estades?? Nós tivemos unha fin de semana moi lambona. Aproveitamos para estar con amizades que hai tempo non estabamos e para cociñarmos moito: lasagna, croquetas, costela e... unha sobremesa de peso: torta de queixo. 

A verdade é que estamos ante un clásico co que nós non encaixamos demasiado. Parece pois contraditoria a receita, claro. Pero explicámonos. Moitos das tortas de queixo que temos probado por restaurantes e demais presentan para nós un sabor moi intenso polo que  xa rara vez as pedimos de sobremesa. Mais a semana pasada gardáronnos un cacho uns veciños que tiveran a peque de aniversario. E vaia, gustounos moito. E por que non lle damos outra oportunidade?

E así foi, ante a visita que tiñamos o sábado, preparamos unha torta de queixo fría, seguindo a receita desta amiga, moi sinxela e demos cun resultado espectacular: moi lixeira e  sabedeira. Ollade!



Torta de queixo con marmelada 



Ingredientes:


Para a base:
  • 300 g de galletas tipo digestive
  • 110 g de manteiga
Para a crema:
  • 400 g de queixo crema      
  • 250 ml de agua

sábado, 3 de agosto de 2019

Marmelada de pexegos

Bo día, bolboreteir@s! Imos comezar agosto de maneira moi doce, cunha marmelada. Esta lambetada é das máis fáciles de facer do mundo e só ten a necesidade dunha boa froita.
Dous aspectos lingüísticos antes de comezar. Por un lado está a denominación. Marmelada ten bastante de equívoco en si pois realmente a marmelada debería ser só aquela de marmelo, a froita semellante en cor e forma ao limón. Mais a verdade é que se foi estendendo o nome para o doce de calquera das froitas. Así pois, podemos optar por marmelada ou por doce de pexegos.
Por outro lado, unha das nosas palabras favoritas (e tamén das nosas froitas): pexego. Catro variantes sen apenas modificacións: pexegos, péxegos, pesegos, pésegos... Cal é a vosa? Nós chegamos a un punto que xa non sabemos cal é a que viñamos utilizando... Son xa influencias de diferentes casas entón... haha.
Imos adozarnos entón: 



Marmelada de pexegos



Ingredientes:


  • 800 g de pexegos
  • 300 g de azucre moreno
  • 2 culleradas de vainilla

sábado, 1 de decembro de 2018

Piruletas de queixo de cabra

Bo día, bolboreteir@s! Como vai a fin de semana? Por aquí andamos xa emocionad@s pois nun pouco arrincamos para Pontevedra, para o Culturgal, onde iremos presentar o "Cociñando con bolboretas no bandullo" a través dun obradoiro literario de gastronomía cos máis peques.
Entretanto, seguimos preparando novas receitas. Estes días xa andamos centrados no menú de Nadal. Si, si, aínda queda moito mais... hai que ir argallando novas ideas para petiscos, sobremesas e demais.
Así é como chegamos a este aperitivo. A verdade é que o queixo de cabra é deses produtos que se ama ou se odia. De feito, aquí un de nós xa pasou polos dous extremos podéndomos agora realizar receitas con el tranquilo. É máis, precisamente nos petiscos da nosa voda, apareceron unhas piruletas de queixo de cabra para lamber os beizos.
E estas, non deixan nada que desexar. Un sabor moi intenso que nos levan ao pracer culinario. Velaquí fican.



Piruletas de queixo de cabra



Ingredientes:

  • 1 rulo de queixo de cabra
  • 1 cullerada de marmelada de framboesa
  • Sésamo

martes, 6 de xuño de 2017

Berlinesas recheas

Bolboreteir@s, como levades o mes? Supoño que moit@s de vós content@s coa fin de curso que se aproxima. Hoxe ímosvos presentar unha lambonada moi moi gorentosa que presta para eses días en que andamos con moito estudo ou traballo. Tomar unha berlinesa coma esta ten un efecto relaxante que, calorías á marxe, pode darnos forza para continuar coa xornada de esforzo ou ben como recompensa a un día laborioso. O caso é pór unha excusa para comer, haha.
Sexa como for, a berlinesa é para nós un símbolo gastronómico da mocidade. Recórdanos á tempada de instituto cando na cafetaría vendían destas larpeiradas e algúns de nós as comprabamos case a cotío. Si, resistimos. O caso é que as tiñamos no esquecemento e a semana pasada, ollando un dos libros de Alma Cupcakes que temos pola casa ("Un año de dulces"), encontramos esta receita que non pensamos nin un segundo en levar á práctica.
E para lle dar máis variedade, preparámolas de dous sabores, amorodo e chocolate. E deixamos as de crema pendentes xa para outro día. Outra excusa máis para repetir.
O caso é que investigando descubrimos que este doce forma parte da repostaría tradicional alemá, algo que parece obvio ollando a denominación mais no que nin repararamos até o momento. Parece ser que as Berliner Pfannkuchen poden ter orixe, ou iso di a lenda, alá polo século XVIII, cando un panadeiro creou este pastel con forma de bóla de canón en honra ao emperador Federico o Grande. Como estaban no exterior, e ante a falta de fornos, tiveron que optar pola tixola. Neste caso non quedaría máis que berrar moitos "hurra!" a ese cociñeiro. Aí vai:




Berlinesas recheas


Ingredientes: 


Para as bombas:
  • 200 g de fariña de forza
  • 150 g de fariña de repostaría
  • 110 g de auga
  • 40 g de azucre
  • 25 g de manteiga
  • 2 ovos
  • 5 g de lévedo de panadaría
  • Un chisco de sal
  • Aceite
Para o recheo:
  • Crema de cacao

martes, 13 de decembro de 2016

Petiscos varios con Mariñeiras

Bo día, bolboreteir@s! Seguimos adiante coas receitas aínda que a de hoxe nin elaboración precisa pois é pouco máis que a unión de elementos. Non nos volvimos de momento uns folgazáns mais si pensamos nos típicos petiscos que se colocan na mesa de Nadal como aperitivo e para os que se precisa moi pouco tempo, o que si se dedica aos pratos principais do menú.
E como xurdiu a idea? Pois no LGx15, un dos convidados, Alberte Lamazares, achegou até os camerinos un paquete das galletas galegas, Mariñeiras, que até o momento nunca probaramos. Quedamos encantados con elas, tal e como nos pasara coas Maruxas hai uns meses. Ben, pois casualmente, ao finalizar o evento, a CTNL agasallounos cun par de paquetes destas mesmas galletas. Aínda que os primeiros días as comimos soas, converténdose nun verdadeiro vicio, decidimos deixar un paquete para elaborarmos uns petiscos varios, con diferentes sabores que encontramos pola alacena. E este foi o resultado. Non ten máis segredo que probar mesturas que cremos poden resultar interesantes. Aquí todas quedaron exquisitas.


Petiscos varios con Mariñeiras


Ingredientes:

  • Mariñeiras
Opción 1:
  • Guacamole 
  • Queixo
Opción 2:
  • Guacamole
  • Cogombro verde
Opción 3:
  • Mexillóns
  • Queixo
Opción 4:

sábado, 25 de xuño de 2016

Torta semifría de Petit-suisse

Adiante coas receitas e adiante coa fin de semana horrorosa de tempo polo norte mais moi festiva debido ao San Xoán. Como xa sabedes de anos anteriores, aquí por Covas andamos de festexos nestes días e cando hai festa xa asociamos directamente a unha alegría para o bandullo. Efectivamente, e ademais, aquí aproveitamos para argallar con novas receitas e tentar así sorprender aos/ás comensais.
Centrámonos na sobremesa. Nestas xornadas de extenso xantar, queda un espazo moi reducido para a larpeirada final. Por iso quixemos preparar algo suave e fresco, capaz de por un peche harmonioso ao menú. E isto foi o que se nos ocurriu. Unha torta a partir dos benqueridos petit-suisse que tantos deixamos desfrutados na infancia e aínda non tan atrás no tempo.
Con ela celebramos o San Xoán de Covas e con ela quedamos coa dozura necesaria nestes días chuviosos e escuros. 
Aí vai, atent@s!


Torta semifría de Petit-suisse


Ingredientes (para un molde de 30 cm):


Para a base:
  • 300 gr de galletas dixestivas
  • 90 gr de manteiga
  • 90 gr de marmelada
Para o recheo:
  • 18 Petit-suisse
  • 600 ml de nata
  • 300 gr de azucre

xoves, 25 de setembro de 2014

Trenza de follado

Xa estamos aquí de novo despois duns días sen vos poder ofrecer a última receita por problemas técnicos coa rede. É que hoxe en día, estar sen internet na casa é un dos grandes dramas vitais, haha.E traémosvos unha larpeirada... apta só para os máis chocolateiros e idónea para os fans das cremas de cacao. Aínda que tamén tivemos un detalle cos/coas fans do chocolate branco, que aínda que son menos, tamén sabemos que son moi fieis :-)A ver que vos parece, mais xa vos adianto que con esta ninguén terá problema na elaboración, é do máis sinxela, mesmo válida para argallaren @s máis pequen@s na cociña:

Trenza de follado


Ingredientes:
  • 1 lámina de follado
  • 1 ovo
  • Para o recheo: crema de cacao, marmelada, chocolate branco

domingo, 17 de agosto de 2014

Marmelada de zorollos


Seguimos con este mes tan festeiro e tamén con novas receitas para vós. Hoxe imos cun produto que tiñamos moitísimas ganas de probar a facer desde hai tempo, e nesta ocasión déronse as condicións idóneas. Os abrulleiros están xa cheíños, coas pólas a piques de fender, e por tanto fomos recoller os zorollos. O "problema" foi que viñemos con máis de dez quilogramos para a casa polo que pensamos rapidamente en que facer, e aí foi onde nos lembramos da marmelada, unha idea óptima para aproveitar tanta froita xa que ao envasalas ao baleiro nos van durar moito tempo.
Como era a primeira tentativa, utilizamos só dous kg., que deu para seis botes. Agora, visto o resultado, xa estamos preparados para unha segunda volta con máis botes.
Por certo, nós aquí chamámoslles zorollos, unha alternativa á forma cerollos, mais vós que outros nomes utilizades para designar esta doce froita de verán? A vea filolóxica nótase en cuestións como estas, haha.

Marmelada de zorollos

Ingredientes:
  • 2 kg de zorollos
  • 1 kg de azucre
  • O zume dun limón

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Selva negra con fondant

Hoxe é un día especial, o blogue cumpre 1 mes!! Que felicidade! Témosvos que agradecer o grande apoio que estamos a recibir, tanto aquí coma nas redes sociais. E para o celebrar traémovos esta torta, a nosa preferida, unha outra versión da famosa Selva negra e recuberta con fondant cun lixeiro sabor a limón, que a fai moi fresca, polo que se pode comer un cachiño máis grande sen quedar tan fart@s ;-);-)

Ingredientes:
Para o biscoito (para un molde de 30 cm):
  • 85 gr de manteiga en pomada
  • 6 ovos
  • 175 gr de azucre
  • 125 gr de fariña
  • 50 gr de cacao en pó
  • 1 culleriña de vainilla
Para o recheo:
  • 700 gr de nata
  • Azucre ao gusto