Hoxe é un día especial, o blogue cumpre 1 mes!! Que felicidade! Témosvos que agradecer o grande apoio que estamos a recibir, tanto aquí coma nas redes sociais. E para o celebrar traémovos esta torta, a nosa preferida, unha outra versión da famosa Selva negra e recuberta con fondant cun lixeiro sabor a limón, que a fai moi fresca, polo que se pode comer un cachiño máis grande sen quedar tan fart@s ;-);-)
Ingredientes:
Para o biscoito (para un molde de 30 cm):
- 85 gr de manteiga en pomada
- 6 ovos
- 175 gr de azucre
- 125 gr de fariña
- 50 gr de cacao en pó
- 1 culleriña de vainilla
Para o recheo:
- Fondant de cores
Para o biscoito:
Debemos pór os ovos e o azucre ao baño maría e bater até a que mestura branquee e espese un pouco. Retiramos do lume e batemos 5 minutos máis. Engadimos o cacao e a fariña e, cando estean integrados, incorporamos a manteiga e a vainilla. Botamos no molde e enfornamos a 180º (con calor arriba e abaixo co ventilador) durante 40 minutos.






Deixamos que arrefríe e despois cortámolo cunha lira, ou un coitelo, en 2 ou 3 partes, segundo vos apeteza.
Deixamos que arrefríe e despois cortámolo cunha lira, ou un coitelo, en 2 ou 3 partes, segundo vos apeteza.
A continuación, emborrachamos o biscoito cunha pouca de marmelada disolta en auga. Colocamos a primeira capa do biscoito na fonte en que o imos presentar, botamos unha capa de nata, que temos de montar previamente co azucre, e cubrimos con outra capa de biscoito; de novo, repartimos outra de nata e tapamos coa última do biscoito. Recubrimos toda a torta cunha capa moi fina de nata para que o fondant se pegue mellor.



Aparte, nunha mesa, ou nunha superficie, empoamos con azucre glas e estiramos o fondant coa axuda dun rolete e colocámolo sobre a torta.
encantame, unha tarta preciosa!! biquiños
ResponderEliminarMoitísimas grazas! Moitos bicos!
EliminarTen unha pinta boísima! :D
ResponderEliminarGrazas!! A ver se te animas a facela, que merece a pena ;-) Bicos
Eliminar