Xa estamos aquí de
novo despois duns días sen vos poder ofrecer a última receita por problemas
técnicos coa rede. É que hoxe en día, estar sen internet na casa é un dos
grandes dramas vitais, haha.E traémosvos unha larpeirada... apta só para os
máis chocolateiros e idónea para os fans das cremas de cacao. Aínda que tamén
tivemos un detalle cos/coas fans do chocolate branco, que aínda que son menos,
tamén sabemos que son moi fieis :-)A ver que vos parece, mais xa vos adianto
que con esta ninguén terá problema na elaboración, é do máis sinxela, mesmo
válida para argallaren @s máis pequen@s na cociña:
Trenza de follado
Ingredientes:
Elaboración:
Para comezarmos, temos de estirar a masa do follado coa axuda dun rolete. Debemos darlle unha forma rectángular.
De seguir, no centro da mas, colocamos o recheo escollido. Nós, neste caso, fixemos dúas, unha de crema de cacao e outra de chocolate branco e marmelada. Na parte en que botedes a marmelada hai que ter coidado de que non sexa demasiado líquida.
A continuación, coa axuda dun coitelo, facemos uns cortes ao lado do recheo, de forma que os poidamos ir entrelazando, poñendo un por encima do outro.
Para finalizar, pintamos as nosas trenzas con ovo batido e enfornamos a 200°, calor arriba e abaixo, durante 20-25 minutos, ou até que se doure o follado. E xa estarían preparadas para comer! Están deliciosas tanto quentes coma frías, así que vós decidides o tempo que aguantades sen comer un anaquiño ;D
Que sinxelas e que saborosas as trenzas!! @s amig@s que tiveron a oportunidade de as degustar ficaron encantad@s e penso que quedaron con ganas de probar a facela. Espero que a vós vos pase o mesmo. Tedes aquí dúas opcións para escollerdes, aínda que a verdade é que a min a de crema de cacao toléame así que vos diría que non deixedes de facela aínda xa sexa para unha merenda ou para unha sobremesa rápida e improvisada xa que, como vedes, necesitades moi poucas cousas e tempo para logrardes esta lambetada.
Agardo que pase un día máis doce con estas trenzas de follado. Bo día amig@s!!
Que boa pinta e que sinxelo! Encántame! E ademáis de chocolate branco...ai... :P
ResponderEliminarA verdade é que se fan nun momento e están deliciosas, haha!
EliminarMoitas grazas polo teu comentario :-) :-)
¡Ai ai aiii! ¡Encántame o follado! ¡É tan versátil!
ResponderEliminarEstas trenzas teñen unha pinta boísima, e sinceiramente, eu non podería escoller, tería que comerme a dúas! hahaha
O paso a paso tamén está moi ben, axuda moito ós que todavía non temos práctica cos trenzados con masa.
¡Receita xenial, Bolboretas!
¡Bicos!
Yoly.
Moitísimas grazas polas túas palabras!! Este trenzado é moi sinxelo así que non hai excusa para non probar a facelas :-) :-)
EliminarMoitos bicos!!
No has tardado nada en convencerme tienen que estar de muerte relenta ,no se si caere mañana en la tentacion que tenog hojaldre en la nevera jis..jis .
ResponderEliminarPor cierto yo llevo dos dias con problemas tambien con internet, me cuesta mucho poder comentar y entrar en algunos blogs .
Bicos mil y feliz finde wapa.
Pois non dubides en probar a facer estas trenzas tan sinxelas, esperamos a foto co resultado ansiosamente.
EliminarSi, a min tamén me pasou o de non poder entrar nalgúns blogues, ademais estiven sen internet case toda a semana e botouse en falta, haha.
Moitas grazas polos teus comentarios.
Bicoss!!!
En Ribeira (ria da Arousa) temos un nome moi pándego para denominar as trenzas: CARRAPITOS, e asi lle chamamos tamén ao dóce que se fai normalmente pola Páscoa; se é redondo chamámoslle rosca. Saúdos.
ResponderEliminarQue interesante! Que ben aprender dos vosos comentarios!
EliminarApertas!