E hoxe traémosvos a receita que algúns e algunhas tanto agardávades, esa sobremesa que creamos a partir dun elemento fundamental, as amoras. Tiñamos o capricho desde hai tempo, de ir recoller a elas, como faciamos de pequenos. Daquela era para degustar directamente, mais agora queriamos elaborar algo con elas, xa que intuíamos que o resultado sería óptimo por ese peculiar sabor das amoras. Despois dun tempo de matinar sobre a combinación que máis favorecese o sabor, pensamos no chocolate branco, e como comprobamos foi unha decisión estupenda. A ver que vos parece a nosa nova idea :-)
Torta de amoras e chocolate branco
Ingredientes:
Para a base:
- 1 paquete e medio de gallegas das vosas preferidas (nós usamos as maría redondas)
- 50-70 gr de manteiga
Para a capa de chocolate branco:
- 250 gr de nata
- 250 gr de leite
- 225 gr de chocolate branco
- 1 sobre e medio de callada
Para a capa de amoras:
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a base da torta. Para iso, trituramos as gallegas e, de seguido, mesturamos coa manteiga que debe estar brandiña. Se vedes que non queda unha masa compacta, botade máis manteiga. E estendemos a capa no molde escollido para a torta. Refrixeramos.
A continuación, preparamos a capa de chocolate branco. Primeiramente, temos de diluir a callada no leite. E, despois, poñemos nun cazo a nata, o chocolate troceado e o leite; quentamos até que se desfaga o chocolate e cociñamos até que a crema comece a espesar. De seguir, botámola sobre a base de galletas e, de novo, refrixeramos.
Para a crema de amoras, temos de cocer as amoras co azucre durante 25 minutos, aproximadamente, e despois triturar a mestura.
Mentres tanto, temos de hidratar a xelatina. Cubrimos as nosas láminas con auga fría e deixamos repousar uns minutos. Así mesmo, temos de montar a nata; separar as xemas das claras e batimos as claras até punto de neve e as xemas até que branqueen.
De seguir, engadimos a nata á crema de amoras. Quentamos a crema e engadimos as xemas e as láminas de xelatina, mesturamos ben e retiramos do lume.
Refrixeramos 3 ou 4 horas e decoramos ao noso gusto. Nós, neste caso, derretemos máis chocolate branco e fixemos un debuxos sobre os que colocamos máis amoras.
Xa vedes, unha verdadeira tentación.... hahaha Unha torta de capas ben diferentes que non vos ha de deixar indiferentes, con seguridade. Unha sobremesa que actuou a modo de "madalena de Proust" para levarnos fugazmente até a nosa infancia nunha viaxe chea de dozura.
O traballo de recollida, ben divertido, mereceu a pena aínda que deu lugar a dedos como coadores por culpa das nosas silvas, ben afiadas e agresivas. A pesar de que esta torta nos vai ofrecer as calorías propias dun prato así, tamén nos achega diversos beneficios propios das amoras, tantas veces non valorada suficientemente na Galiza, ricas en sales minerais, potasio e en vitaminas (especialmente a C).
Así que vos chamamos a aproveitar os millóns de saborosas amoras que aínda temos polo noso territorio e que logo pasarán mal para ou ben degustalas directamente das silvas ou para creardes diferentes pratos como o noso. Cómpre aproveitase dese xogo de sabor que nos dan estas froitas doces con pequenos matices ácidos, moi valioso no mundo da respostaría. Agardamos que vos guste lambereteir@s ;-)
Está tan explicadiño todo que dá ganas de se meter na cociña.
ResponderEliminarMoitas grazas.
Ese é o noso obxectivo, que vos metades máis na cociña, haha! E que nos enviedes as fotos coas vosas creacións :-) :-)
EliminarMoitas grazas polas túas palabras!
¡Mimadriña!
ResponderEliminar¡Isto é unha Sra. Tarta e o demáis son tonterías! ¡Góstanme moitísimo as amoras e o chocolate branco é unha perdición para min! Tamén me encantan este tipo de texturas nas tartas... ¡Buufff... quén poidera coller un cachiño!
Lévome a receita, motísimas grazas por compartila ;)
¡Moitos bicos!
Yoly.
Moitísimas grazas polas túas palabras! A nós pásanos coma ti, encántannos as amoras e o chocolate branco, haha!
EliminarEspero que se fas a receita, nos envíes unha foto :D
Grazas de novo!