Boa noite, bolboreteir@s. Como estades?? Nós tivemos unha fin de semana moi lambona. Aproveitamos para estar con amizades que hai tempo non estabamos e para cociñarmos moito: lasagna, croquetas, costela e... unha sobremesa de peso: torta de queixo.
A verdade é que estamos ante un clásico co que nós non encaixamos demasiado. Parece pois contraditoria a receita, claro. Pero explicámonos. Moitos das tortas de queixo que temos probado por restaurantes e demais presentan para nós un sabor moi intenso polo que xa rara vez as pedimos de sobremesa. Mais a semana pasada gardáronnos un cacho uns veciños que tiveran a peque de aniversario. E vaia, gustounos moito. E por que non lle damos outra oportunidade?
E así foi, ante a visita que tiñamos o sábado, preparamos unha torta de queixo fría, seguindo a receita desta amiga, moi sinxela e demos cun resultado espectacular: moi lixeira e sabedeira. Ollade!
Torta de queixo con marmelada
Ingredientes:
- Marmelada de amorodos
- Amorodos
Ningún comentario:
Publicar un comentario