martes, 25 de maio de 2021

Croqueta de espárragos (e un toque de queixo)

 Bo día, bolboreteir@s! Estarán as croquetas no top-5 de alimentos máis consumidos en bares e restaurantes da Península? Gustaríanos coñecer estatísticas que mostrasen que alimentos concretos son os máis solicitades polos galegos e galegas. Si é certo que algo encontramos na rede mais referido a menús do día, alimentación xaponesa, mediterránea e demais. No tocante a pratos concretos nós estamos convencidos de que as croquetas teñen que estar moi arriba. Están nunha cheísima de cartas. Canto menos na Galiza fixádevos e encontraredes mil e unha variantes da croqueta en restaurantes de moi diferente nivel. Está claro que é porque teñen moitísima saída. Nós canto menos dámoslla.

E non só fóra. Na casa adoramos probar croquetas novas, do que sexa. Desta volta, sobraban espárragos (logo ían pasar mal) e non houbo moito que pensar. Iso si, optamos por darlle cremosidade co ingrediente estrela: queixiño!!!!





Croquetas de espárragos (e un toque de queixo)



Ingredientes:

  • 500 ml de leite
  • 150 g de fariña
  • 75 g de manteiga       
  • 150-200 g de espárragos
  • 50 g de queixo
  • Noz moscada
  • Pementa moída
  • Sal
  • Para o rebozado: fariña, ovo e pan relado
  • Aceite de oliva



Utensilios: unha tixola ou unha pota, un tupper, varios pratos.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de triturar os espárragos. Reservamos.

                   








De seguir, botamos a manteiga na tixola ou na pota e agardamos até que se derreta.


De seguir, agregamos a fariña e os espárragos. Mesturamos ben e engadimos o leite. Salpementamos e botamos noz moscada ao noso gusto. Nese momento, agregamos o queixo e mesturamos moi ben.



Cociñamos até que a masa se comece a despegar do recipiente. Botamos a masa no tupper e refrixeramos, como mínimo, 3-4 horas.


Pasado ese tempo, facemos as boliñas, empoando as mans con fariña.



E pasámolas por ovo batido e pan relado.

                 











Fritimos en abundante aceite (ou conxelamos).


E xa estarían listas para comer! Agardamos que vos gusten e que vos entre moito antollo de croquetas, xa for estas ou outras. Aperta inmensa!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario