Bo día, bolboreteir@s! Imos comezar agosto de maneira moi doce, cunha marmelada. Esta lambetada é das máis fáciles de facer do mundo e só ten a necesidade dunha boa froita.
Dous aspectos lingüísticos antes de comezar. Por un lado está a denominación. Marmelada ten bastante de equívoco en si pois realmente a marmelada debería ser só aquela de marmelo, a froita semellante en cor e forma ao limón. Mais a verdade é que se foi estendendo o nome para o doce de calquera das froitas. Así pois, podemos optar por marmelada ou por doce de pexegos.
Por outro lado, unha das nosas palabras favoritas (e tamén das nosas froitas): pexego. Catro variantes sen apenas modificacións: pexegos, péxegos, pesegos, pésegos... Cal é a vosa? Nós chegamos a un punto que xa non sabemos cal é a que viñamos utilizando... Son xa influencias de diferentes casas entón... haha.
Imos adozarnos entón:

Marmelada de pexegos
Ingredientes:
Utensilios: unha pota, un coitelo, unha culler e un bote.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de pelar e cortar en anacos os pexegos. Botámolos nunha pota e engadimos o azucre.
Tamén a vainilla e o zume do limón.
Mesturamos moi ben e poñemos a cocer, a lume medio (6-7) durante 45-50 minutos remexendo de cando en vez. Iredes notando o delicioso olor dos pexegos cocendo no azucre caramelizado.
E, pasado ese tempo, xa estaría.
Botamos no bote, ou no recipiende en que a ides gardar, e deixamos arrefríar. Nós, nesta ocasión, fixemos pouca cantidade xa que era para unha torta que veredes proximamente, mais podedes facer a cantidade que vos apeteza e despois envasar ao baleiro.
Agardamos que vos guste e que poñades esta delicia en práctica.
O meu nome tradicional é péxagos. A marmelada xa a fago desta e doutras froitas. O que a deixo é 12 horas no azúcar, porque aumenta o sabor.
ResponderEliminarCómo envasades ó baleiro?
ResponderEliminar