Amosando publicacións coa etiqueta torta semifría de petit-suisse. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta torta semifría de petit-suisse. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de xuño de 2016

Torta semifría de Petit-suisse

Adiante coas receitas e adiante coa fin de semana horrorosa de tempo polo norte mais moi festiva debido ao San Xoán. Como xa sabedes de anos anteriores, aquí por Covas andamos de festexos nestes días e cando hai festa xa asociamos directamente a unha alegría para o bandullo. Efectivamente, e ademais, aquí aproveitamos para argallar con novas receitas e tentar así sorprender aos/ás comensais.
Centrámonos na sobremesa. Nestas xornadas de extenso xantar, queda un espazo moi reducido para a larpeirada final. Por iso quixemos preparar algo suave e fresco, capaz de por un peche harmonioso ao menú. E isto foi o que se nos ocurriu. Unha torta a partir dos benqueridos petit-suisse que tantos deixamos desfrutados na infancia e aínda non tan atrás no tempo.
Con ela celebramos o San Xoán de Covas e con ela quedamos coa dozura necesaria nestes días chuviosos e escuros. 
Aí vai, atent@s!


Torta semifría de Petit-suisse


Ingredientes (para un molde de 30 cm):


Para a base:
  • 300 gr de galletas dixestivas
  • 90 gr de manteiga
  • 90 gr de marmelada
Para o recheo:
  • 18 Petit-suisse
  • 600 ml de nata
  • 300 gr de azucre