Pizza, en masa de follado, saudábel
Ingredientes:
- 1 lámina de follado
- Pesto:
- Anacardios
- Alfábega
- Parmesano
- AOVE
- Pementa moída
- Tomate cereixa (ou tomate normal)
Ingredientes:Bo domingo, bolboreteir@s. Como estades? Nesta ponte das Letras galegas a verdade é que non nos está quedando tempo para moita cousa entre correccións e correccións así que hoxe presentamos un petisco rápido para ese tipo de xornadas máis atarefadas.
Xa sabedes que con follado pódense facer mil e unha marabillas simples e no noso frigo ou conxelador nunca falta. É certo que a nós gústanos moito o seu sabor, aínda que for sen nada máis, pero recomendamos igualmente para calquera persoa telo sempre á man porque dá para improvisar receitas moi diversas.
Na receita que aquí segue vai lograr o protagonismo o allo. Os boliños allados, as masas aromatizadas con allo... son éxito seguro e aquí temos unha nova mostra. A textura tradicional do follado, a intensidade do ingrediente principal levan a un petisco do máis agradábel. A por el!
Samaín, Samaín, vente vindo, que nós xa estamos con todo preparado. Andamos facendo probas para a configuración dos días de defuntos e da noite de Samaín e dunha desas probas saíu isto.
Unhas cabaciñas que nin teñen pébedas nin son froito, e que no sitio, teñen un recheo de carne moi moi saboroso. E como vedes, recórdannos na forma exterior aos calacús, como lle din en diferentes zonas da Galiza.
Pois ben, a verdade é que é un aperitivo ou incluso prato principal ben apetitoso que apetece mollar nunha salsa. Neste caso estabamos folgazáns e optamos por un clásico do súper, o ketchup. E moi ben. Se andadades con folgos, preparádelle un mollo caseiro e será xa top. Aquí vai a primeira idea deste ano para o noso Samaín gastronómico.

Consideramos que todas as persoas que até o de agora colaboraron connosco axudan en grande medida á dinamización e normalización do noso idioma, mais a figura que hoxe pasa por Bolboretas no bandullo leva anos dedicándose a isto directamente. A normalizar, a dinamizar, a crear, a promover, a visibilizar, a fomentar o uso do galego. Por iso Nel Vidal non podía faltar. Compartimos obxectivos con el e admiramos enormemente o seu traballo.Demos con Nel na súa terra de acollida, Carballo, cando comezabamos a afondar no campo da normalización da lingua, nun destes imprescindíbeis cursos de verán de que teñen saído mil e un proxectos para o idioma. Desde aquela, preséntasenos como un referente do que necesariamente aprender.
Espetos de rolos de salchichas
Trenza de follado