Amosando publicacións coa etiqueta crema de cacao con avelás. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta crema de cacao con avelás. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de febreiro de 2017

Torta de freixós

Agora que xa chegou o Entroido, presentamos a larpeirada máis doce das creadas. Esta non leva máscara nin vén disfrazada. Todo o contrario. A súa presenza xa nos permite intuír que nos debemos preparar para un goce único.
Desde Bolboretas no bandullo presentámosvos a que é, para nós, a torta máis saborosa do ano. Había tempo que non desfrutabamos tanto con cada bocado dunha sobremesa. Tivemos que resistirnos e apartar uns cantos freixós da última filloada que preparamos mais a verdade é que a resistencia no primeiro momento mereceu a pena para posteriormente alcanzarmos o paraíso culinario. Ademais, unha vez teñamos a base, os freixós, o resto virá rodado xa que apenas require traballo.
Se nalgún momento da vosa vida tedes dúbidas existenciais e non lle vedes o sentido ao voso percorrido vital, entón chegou a hora de vos pordes man á masa e cociñardes esta torta. Isto é felicidade a cada dentada.
E si, chega no momento xusto pois estamos en época de consecución repetida de filloas polo que, nunha destas, podemos aproveitar o sobrante (cousa rara que sobren freixós) e sorprendermos @s comensais. Han de ficar abraiados. Manda truco, o que dan de si as filloas!


Torta de freixós



Ingredientes:


  • 8-10 freixós
  • Crema de cacao e avelás
  • 2-3 plátanos
  • 8-9 amorodos
  • 150 g de nata
  • Unha cullerada de azucre

sábado, 20 de febreiro de 2016

Flor de chocolate

Que friaxe!!! Que bos días están para nos gardar na casiña e cociñar algo quente para entrar en calor. Sobre todo, co que presta nesas antigas cociñas de leña capaz de resistir contra o inverno máis duro.
Esta ideal situación enxebre non foi a nosa, mais o caso é irmos cociñarndo algunha que outra larpeirada e, sobre todo, desfrutala despois, haha. 
Hoxe imos cunha destas que triunfan sempre pola combinación perfecta de velocidade e sinxeleza. Canto a sabor, pouco hai que dicir. Tod@s sabemos do éxito da combinación simple de follado e chocolate. Non se precisa nada máis. Aínda coa gorentosa trenza de chocolate no maxín, probamos noutro formato.
Coñecímola a través dunha destas contas de que tanto gustamos tipo Tasty, Tastemade e demais. Iso si, antes de nós probar a facela, xa tivemos a sorte de degustala na casa duns bos amigos. Tan encantad@s quedamos que pasou á nosa listaxe de receitas pendentes. 
E aquí a tedes. Unha sobremesa sin complicación e alto rendemento visual e saboroso. Ideal para cando non fica moito tempo para completar o menú.

Flor de chocolate

Ingredientes:
  • 2/3 láminas de follado
  • 200 gr de crema de cacao e avelás
  • 1 ovo batido
  • Fariña (opcional)

Utensilios: bandexa de forno, papel vexetal, un rolete, unha culler e un vaso.

martes, 10 de marzo de 2015

Torta crema de cacao

Tiñamos o día larpeiro larpeiro, así que, sen ningún motivo nin  causa, decidímonos pór a facer unha torta coas únicas condicións de ser rápida e moi chocolateira. E cumprimos co obxectivo. Como xa sabedes, hai mil e unha formas de realizar biscoitos para tortas mais nós desta volta queriamos que nel destacase o chocolate, non inserindo unha capa no medio senón que pretendiamos que o biscoito todo levase un sabor intenso. Para iso, claro, botamos un bo número de culleradas de crema de cacao. E non pensedes que foi de máis. Xa sabedes, hai días así, que está para chocolate :-)
Estamos seguros que a maior parte de vós desfrutaredes esta torta ao máximo, mais se tedes pequen@s na casa veredes que eles o fan dunha forma diferente. Porque xa sabemos o felices que @s fan estas cremas, haha.
Aquí vos deixamos esta receita para cando teñades ganas dunha sobremesa máis contundente, un larpeirada ao grande coa que pórvos as botas:

Torta de crema de cacao

Ingredientes:

Para o biscoito:
  • 18-20 culleradas de crema de cacao e avelás
  • 300 gr de fariña
  • 100 ml de leite
  • 50 ml de nata
  • 3 ovos
  • 1 sobre de lévedo en po

domingo, 7 de decembro de 2014

Torta KitKat

Outro aniversario máis que tivemos e unha nova torta. E cando é así poñemos o maxín a traballar até dar coa larpeirada máis larpeira. Doutra volta probaramos cos produtos Kinder que tanto nos gustan, e desta pensamos nestas míticas barras de chocolate tan saborosas, os KitKat. Con todo, sería difícil imaxinarmos unha torta feita toda ela con isto xa que non os Kitkat non levan crema, senón galleta e chocolate, así que para o recheos optamos pola típica crema de cacao que nos garantía o triunfo e que faría imposíbel que nos quedara seca.
E nesta ocasión nos nos preocupamos tanto en realizar unha decoración con debuxos ou letras, simplemente deixamos caer unha doce chuvia de bolas de chocolate e lacasitos que lle ofrece a esta sobremesa moitísimo colorido e que se converte nunha oda ao chocolate. Aí vos vai ;-)

Torta KitKat

Ingredientes (para un molde de 26 cm):

Para o biscoito:
  • 175 gr de fariña, máis extra para engrasar
  • 175 gr de manteiga, máis extra para engrasar
  • 175 gr de azucre
  • 3 ovos
  • 1 sobre de lévedo en po
  • 1 cullerada de esencia de vainilla
Para o recheo:
  • 500 gr de crema de cacao

xoves, 25 de setembro de 2014

Trenza de follado

Xa estamos aquí de novo despois duns días sen vos poder ofrecer a última receita por problemas técnicos coa rede. É que hoxe en día, estar sen internet na casa é un dos grandes dramas vitais, haha.E traémosvos unha larpeirada... apta só para os máis chocolateiros e idónea para os fans das cremas de cacao. Aínda que tamén tivemos un detalle cos/coas fans do chocolate branco, que aínda que son menos, tamén sabemos que son moi fieis :-)A ver que vos parece, mais xa vos adianto que con esta ninguén terá problema na elaboración, é do máis sinxela, mesmo válida para argallaren @s máis pequen@s na cociña:

Trenza de follado


Ingredientes:
  • 1 lámina de follado
  • 1 ovo
  • Para o recheo: crema de cacao, marmelada, chocolate branco

xoves, 29 de maio de 2014

Crostatas de crema de cacao con avelás

Está a piques de chegar xuño e aquí seguimos con tempo chuvioso. Hai que ser positiv@s, entón o bo destes días é que son óptimos para nos meter na cociña e facer algunha destas sobremesas que tanto nos gustan... A receita de hoxe parte da coñecida torta italiana, a crostata, mais como prefería unhas galletas pois reducina en tamaño utilizando a mesma masa e así cheguei a estas doces crostatas de crema de cacao con avelás. Evidentemente, vós podédeslle botar outro tipo de crema por arriba, ou mesmo froitas, aínda que eu tiña ganas de chocolate estes días :-) Son moi moi sinxeliñas de facer e están para non deixar unha.

Crostatas de crema de cacao con avelás

Ingredientes:
  • 250 gr de fariña
  • 150 gr de azucre moreno
  • 150 gr de manteiga
  • 50 gr de fariña de millo
  • 1 ovo
  • 1 culleriña de lévedo
  • Chisco de sal
  • Crema de cacao con avelás