Bolboreteir@s! Estamos aquí mes e medio despois, tras tomarnos un descanso mais vimos cargadiños de ilusión acompañados con Xiao para vos seguir traendo moitas máis receitas. Iso si, durante unha tempada reducimos a subida de artigos a só un por semana. Xa sabedes, o tempo cun bebé dá para algo menos, haha. Un período de adaptación, claro.
Ben, pois decidimos volver fortes, cun tipo de receita que adoramos e que marcou os inicios do blogue aínda que ultimamente non as temos tan traballadas. Falamos das sobremesas, unha perdición mais o noso campo favorito de creatividade.
A plavova non é a primeira vez que aparece por Bolboretas no bandullo, de feito xa temos publicado unha vídeo-receita á que podedes acceder abaixo. Chamada así na honra da bailarina Anna Pavlova sendo publicada a receita por primeira vez en Nova Zelandia. Desta volta fixemos a versión en pastel, con racións xa individuais. Difícil descrivirvos o pracer da degustación. Faltan adxectivos. Aí vai.
Pequenas pavlovas de trufa
Ingredientes:
Para o merengue:
- 6 claras de ovo
- 300 g de azucre glas
- 1 cullerada de vinagre
- 1 cullerada de maicena
Para o recheo:
- 600 ml de nata