Feliz San Xoán, bolboreteir@s! Hoxe hai festa por medio país. E a outra metade do país, aproveita para celebrar tamén que chegou o verán.
A nós este ano o San Xoán colleunos metidos de cheo nos exames de oposición así que pouca forza haberá para festas. Mais si para comer, que fame sempre hai, haha e iso é boa cousa.
Ben, o caso é que esta semana tivemos moi pouquiño tempo para cociñar e así pois aproveitamos para continuar un apartado que comezaramos hai ben tempo, en marzo do 2016 con Das nosas receitas preferidas... Parte I. Ese primeiro fascículo estaba formado por varias das nosas receitas salgadas máis adoradas. E claro, como ía faltar a correspondente versión doce sabendo que Bolboretas no bandullo ten xénese e motivación lambisqueira.
Pois como é día de tanta festa e de aquí en diante todo vai ser festexos pola Galiza adiante, aquí unha acumulación de tortas para as vosas sobremesas.
As receitas doces preferidas
Torta Ferrero
Agora mesmo comiamos un anaco, dous, tres... ou toda a torta!! Sen dúbida, esta é unha das nosas torta estrela e unha das que máis éxito tivo cando a publicamos no blogue e cando a presentamos ante os nosos convidad@s xa que o sabor é moi similar ao dos famosos bombóns que tanto nos gustan... (non, Ferrero non paga a publicidade, haha).
Torta de 3 chocolates
Ben podería ir de primeira pois esta é o noso punto de partida. Como sabedes aqueles e aquelas que escoitastes ou lestes algunha das nosas entrevistas, todo comezou coa clásica torta de tres chocolates. Primeiro para a irmá, despois para o resto da familia, amig@s...
Moitas tortas destas levamos feitas e tamén moitas papado. Un éxito seguro que deu motivación á creación de Bolboretas no bandullo.
Moitas tortas destas levamos feitas e tamén moitas papado. Un éxito seguro que deu motivación á creación de Bolboretas no bandullo.
Agora que temos acabado de iniciar o verán as sobremesas frescas prestan moitísimo. Así pois, nós pasamos o verán degustando na riquísimo froita que temos de tempada. E de vez en cando, aproveitamos para as integrar nunha torta e desfrutar con elas! Velaquí outro grandísimo recurso!
Roscón de Reis
Mmmmmm... que felices somos o día de Reis cando vemos o Roscón enriba da mesa, esperando por probar un pouco (ou un moito) e a ver se temos sorte e nos toca a sorpresa!! Que biscoito máis saboroso e se aínda encima o reenchemos de nata, ou crema, ou trufa... pois que delicia!! Nós non éramos moi afeccionados a el até que o comezamos a facer na casa e vaia cambio! Agora somos adict@s, haha! E ademais, por que non facemos Roscón de Reis sen ser día de Reis? Aí queda a idea ;-)
Torta Red Velvet
A cor xa chama a atención, mais o primeiro bocado é unha sensación dificilmente equiparábel. Ese veludo tan característico da Red Velvet é ideal para ocupar o posto da sobremesa en xornadas ben especiais.
É verdade que hai tempo que non a preparamos mais agora, con este artigo, estamos pensando en recuperala para unha destas fin de semanas festivas.
Un clásico das cafetarías americanas que tanto veñen triunfando agora mais que podemos preparar na nosa casiña sen problema e pasando un grandísimo momento amasando. E degustando, claro.
Unha señora torta a que aquí recordamos coa que dar elegancia á nosa mesa!
Bananenschnitte
De catagola coma torta, deberiamos falar de torta fragmentada mais necesitabamos incluila nesta listaxe pois coñecímola a través dunha alumna alemá e causou moita sensación na nosa casa pois era diferente a calquera sobremesa tanto a nivel gustativo como estético pois como ollades, é un formato chamativo.
En Alemaña téñenvos unha repostaría ben apetitosa tamén. Entanto non pasamos dar unha volta por aquelas terras, haberá que conformarse con traela a bocados ;-)
Torta San Marcos
E aquí temos un espectáculo culinario. A torta San Marcos é o mellor que existe. Unha torta con orixe no XII que supoñen a mellor mostra do sonado manexo culinario das monxas.
Con legados así, só nos queda solicitar declarar patrimonio nacional todo canto convento hai, mais especialmente as súas reposteiras. Aquí dous fieis da Torta San Marcos!
Deixamos o repositorio en sete elementos porque temos medo de vos empachar e porque se nos fai difícil seleccionarmos entre tantas lambonadas que recordamos no blogue. Aquí todo nos encanta e estanos entrando moita fame con tanta torta.
Sinceramente, nós temos o máximo momento de goce coa elaboración das diferentes tortas que nos vai traendo o tempo, por iso nas festas nunca falta unha destas lambonadas na nosa mesa.
Aquí sete opción para os vosos menús, que son das nosas preferidas e que recomendariamos encarecidisimamente a todo aquel que teña no doce o seu amor gastronómico ;-)
Unha forte aperta e que a felicidade estea convosco. Lémonos!
No me extraña que sean de vuestras recetas dulces preferidas uummmmmm de rexupete estan todas , pena no poder catar un caxito de cada una , me marcho toda babaitaaaaaa despues de verlas.
ResponderEliminarBicos mil wap@s.
Que ben! Cumplimos o obxectivo da entrada!!
EliminarGrazas por pasarte!! Apertas guapii!