Como xa van centos de receitas as que aquí trouxemos nestes dous anos e media, pois ás veces quédanos esquecida temporalmente algunha sección. Mais só temporalmente. Porque esta semana pasada, acordámonos das "receitas internacionais" e decidimos que era hora de a recuperar cun novo prato. Cunha larpeirada alemá que coñecín grazas a unha alumna nacida no país xermánico. Unha vez nola presentou, non o dubidamos, aínda que para comprendermos o nome... xa nos levou un pouco máis de tempo, haha.
Sexa como for, parte dunha combinación clásica e eternamente efectiva como a do plátano e o chocolate polo que o risco era mínimo. O que si nos sorprendeu foi a presentación e tamén o xogo que dá ese húmido biscoito de soporte.
Finalmente, quedamos contentísimos. E non quedou nadiña. Tamén eramos catro a comer, e parece que a todos encantou. Aí vai!
Bananenschnitte
Ingredientes:
- 1 biscoito (receita aquí)
- 250 gr de nata montada
- 5-6 bananas
- 100 gr de chocolate con leite
- 100 gr de chocolate branco
- 1/2 vaso de zume de laranxa
Utensilios: papel vexetal, bandeja de forno, un prato, dúas cuncas, unha manga pasteleira, un bico unha culler (ou un pincel) e un pincel.
Elaboración:
Para comezarmos, temos elaborar o biscoito, esta é a receita que utilizamos, só que o fixemos de 4 ovos. Deixámolo arrefríar e cortámolo en cadrados. Reservamos.
A continuación, cortamos as bananas en catro, é dicir, abrímolos ao medio e, cada metade, en dous. Reservamos.
Derretemos os chocolates.
E agora temos dúas opcións: ou meter os anacos de plátano no chocolate ou pintalos coa axuda dun pincel. Para nós, foi máis sinxela esta segunda opción. Como nos sobrou un chisco de chocolate, decicimos decorar os de chocolate negro co branco, e viceversa. Deixamos arrefríar para que endureza o chocolate.
Despois, emborrachamos o biscoito co zume de laranxa.
Coa axuda dunha manga pasteleira e un bico, botamos unha pouca de nata sobre os biscoitiños.
E, sobre a nata, colocamos os anacos de banana con chocolate.
Deixamos arrefríar un par de horas e xa estarían preparado o noso Bananenshitte. Agardamos que vos guste!!
Era a primeira vez que escoitabades falar desta lambonada? Nós si. Mais xa a temos de referente e xa miramos con outros ollos á repostaría alemá, haha. E así, animámonos a probar novas receitas. Adoramos descubrir pratos afastados culturalmente porque sempre achegan algún tipo de sorpresa. Así pois, non vos estrañedes se a partir de agora notades como van aumentando as nosas receitas internacionais. E xa sabedes, sempre andamos por aquí para anotar calquera suxestión, que ben sabemos que nos ledes desde moi diferentes puntos.
Fortes e doces apertas, bolboreteir@s. Lémonos!
Pues yo no conocía esta lamboretada y con lo lamboreteira que soy me encantará seguro.
ResponderEliminarComo siempre receta y fotos de paso a paso son de 20 points.
La de cosas ricas que me perdido esta semana.
Bicos mil y feliz finde wapisima 😘.
A nos tamén nos pasou coas túas receitas esta semana... O traballo é o que ten, haha 😉!!
EliminarMil grazas 😘😘
Pois xa quisera eu poder estar comendo estes bocadiños tan ricos, e en vez de ser catro, foramos cinco jejejejeje
ResponderEliminarBicosssssss
Hahahahahaha!! Tíñamos que organizar unha comida/cea/merenda 😋😋😘😘
EliminarQue idea más estupenda y que buenas tienen que estar! me las llevo ahora mismo
ResponderEliminarun besazo y ten un bonito fin de semana
Igualmente guapa e mil grazas!! 😍
EliminarMe encantaría poder probar tus bocaditos, sólo con verlos me están diciendo ¡cómeme!
ResponderEliminarCariños y buena semana.
Kasioles
Iso é un bo sinal!! 😋😋
EliminarMil grazas polas túas palabras😘😘