martes, 31 de maio de 2016

Bolo-pizza de pepperoni

Bolboreteir@s!!! Como vai todo? Agardamos que moi ben e senón pois procuraremos que vai mellor pondo un pouco de sabor por aquí.
Xa vos contamos algunha que outra vez que somos adictos a estes vídeos breves de "tasty" e demais que logran a través da información rápida e de imaxes poderosas potenciar o noso interese gastronómico. Pois houbo un prato que nos chamou a atención porque poñía en xogo dous produtos que adoramos como o pan e a pizza dun xeito novidoso.
Nós recollemos a idea e facemos as modificación correspondentes para o noso padal quedando un bolo-pizza contundente e ben saboroso.
O ideal xa sería facer a propia bola na casa, mais estas semanas andamos con moi pouco tempo así que optamos por unha mercada. E despois... a reencher a gusto do consumidor, haha.

Bolo-pizza de pepperoni


Ingredientes:

  • 1 bola de pan
  • 2 bolas de mozzarella
  • Queixo relado ao gusto
  • 15 lascas de pepperoni
  • 3-4 lascas de salame
  • 2-3 champiñóns
  • 1 pemento
  • 1/2 cebola

Utensilios: bandexa de forno, papel vexetal e papel de aluminio.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de abrir a bola de pan por arriba. 



A continuación, quitámoslle toda a miga (aproveitarémola noutra receita ;)). 


De seguir, estendemos unha fina capa de salsa de tomate. 


Cortamos en lascas unha bola de mozzarella e poñémolas no fondo. 


Cubrimos co pepperoni. 


Despois, botamos os champiñóns en lascas e o pemento e a cebola cortados en anacos. 


Cubrimos as verduras co salame. 


Estendemos, de novo, outra capa de salsa de tomate e a outra bola de mozzarella en lascas. 


Agregamos o queixo relado. 


Cubrimos o pan coa tapa. 


Envolvemos a bola con papel de aluminio e poñémoslle un peso encima durante 20-25 minutos, para que quede máis aplanada. 


De novo, engadimos un chisco de queixo relado e 6-7 lascas de pepperonni.


Enfornamos, nunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal, a 170º, calor arriba e abaixo, durante 25-30 minutos. Ollade tamén a cocción do voso pan, para que non se pase de máis. Talvez necesite uns minutos máis ou menos.


E xa estaría preparada para comer!! Que aproveite!


A apertura desta bola convértese nun momento artúrico coa descuberta dunha paisaxe gastronómica chea de sabores e cores en boa cantidade. Ollo, un anaco desta pizza non supón o mesmo que un anaco das tradicionais. Isto ocupa un lugar no bandullo, importante, haha.
Estaba clarísimo que ía saber ben así que pouco risco había. Agora si, o que nos interesa é ver como vos animades a preparar esta bomba e que resultado vos dá.
Agardamos novas vosas. Apertas agarimosas, amig@s!

4 comentarios:

  1. Qué pasada tiene que estar riquísimo, de buena gana me comía un trozo bien grande

    Un besazo

    ResponderEliminar
  2. Madre del amor hermoso quien pudiera dar cuenta de un trozo seguro que estára de rexupete, como siempre receta y fotos de paso a paso son de 20 points.
    Bicos mil wapisima 😘

    ResponderEliminar