Veunos o soliño e con el a inspiración para experimentar na cociña e argallar novas receitas. Tan novas, que mesmo algún produto nunca antes o probáramos. Así que fomos á aventura, tirándomos de verduras. E si, saíu ben.
E que vén sendo isto das panquecas? Pois é unha adaptación do termo inglés "pancakes", típica xa no portugués e que nós recollemos para o galego por a considermos axeitada para a comprensión do prato. Xa sabedes que, en casos de dúbida, temos toda unha fonte de recursos no portugués, tanto de Portugal como de Brasil e demais territorios lusófonos.
Aínda que máis que o nome, o importante está no sabor. E aí vai depender do comensal, coma sempre, mais o que esta receita asegura é unha nova experiencia tanto por sabor como pola textura outorgada a certos ingredientes cos que non estamos afeitos a traballar así.
Estas "tortitas" permítennos xogar coa comida, algo que nos encanta, para despois saborear o resultado personalizado. Así que, ollade a nosa proposta e despois, xulgade ;-)
Panquecas de remolacha e espinacas con salsa de manga e curry
Ingredientes:
Para as panquecas de remolacha (para 4 unidades):
Para as panquecas de espinacas (para 4 uds.):
- 200 gr de espinacas
- 1 ovo
- 25 gr de fariña
- 25 ml de leite
- Pementa moída
- Sal
- Unha cullerada de aceite
Para a salsa de manga e curry:
- 1/2 manga
- 1 cullerada de curry
- 1 cullerada de mostaza doce
- 2 culleradas de vinagre
- Un chisco de sal
Utensilios: unha pota, tres cuncas, un batedor eléctrico, unha tixola (ou dúas) e unha espátula (ou dúas).
Elaboración:
Para comezarmos facemos a salsa de manga e curry e, para iso, temos de botar a manga picada xunto co vinagre, o curry e a mostaza. Nós utilizamos mostaza antiga, e despois, probándoa coa doce decatámonos de que sabe moito mellor.
Trituramos co batedor eléctrico e reservamos mentres facemos as tortitas.
A continuación, preparamos a masa para as tortitas de remolacha. Fervemos as remolachas, escoámolas e engadímoslles o ovo.
Despois, a fariña, o lévedo e sazonámolas coa pementa moída e o sal.
Batemos coa axuda do batedor eléctrico e reservamos.
Despois, facemos a mestura para as panquecas de espinacas. Botamos as espinacas no vaso do batedor ou nunha cunca, lavadas e escoadas.
Agregamos o ovo, o leite e a fariña.
Batemos, de novo, coa axuda do batedor eléctrico.
Quentamos a(s) tixola(s) cunha cullerada de aceite e engadimos unha pouca da mestura anterior, intentando darlle unha forma redondeada.
Cando comecen a burbullear e vexamos que xa están feitas por un lado, dámoslles a volta coa axuda dunha espátula e deixamos que se cociñen polo outro lado. Aproximadamente 2 minutos por cada lado.
Servimos acompañándoas da salsa de manga e curry.
Aínda que non logramos capturar a beleza cromática do prato, si vedes que se logran cores moi chamativas debido á intensidade que ofrecen a remolacha e as espinacas, cun labor máis eficaz que o de calquera colorante.
Iso si, bós podedes probar a mesturar eses dous produtos ou a utilizar aquel que máis vos chame a atención para esta elaboracións. Agora a idea xa fica aquí, para sempre con vós. Lémonos, bolboreteir@s!
Iso si, bós podedes probar a mesturar eses dous produtos ou a utilizar aquel que máis vos chame a atención para esta elaboracións. Agora a idea xa fica aquí, para sempre con vós. Lémonos, bolboreteir@s!
Tengo que probarlas si o sí, me ha encantado la idea, gracias por compartirlas
ResponderEliminarUn abrazo y ten un bonito día
Grazas a ti, por lernos e estar sempre interactuando con nós!!
EliminarApertas!
Me encanta esta versión salada de los pancakes seguro que están de vicio, los colores son muy llamativos.
ResponderEliminarBicos mil y feliz finde wapisima 😘
Sii, chaman moito a atención e o sabor é moi sorprendente!! 😘😘
Eliminar