Feliz San Xoán, bolboreteir@s! Hoxe hai festa por medio país. E a outra metade do país, aproveita para celebrar tamén que chegou o verán.
A nós este ano o San Xoán colleunos metidos de cheo nos exames de oposición así que pouca forza haberá para festas. Mais si para comer, que fame sempre hai, haha e iso é boa cousa.
Ben, o caso é que esta semana tivemos moi pouquiño tempo para cociñar e así pois aproveitamos para continuar un apartado que comezaramos hai ben tempo, en marzo do 2016 con Das nosas receitas preferidas... Parte I. Ese primeiro fascículo estaba formado por varias das nosas receitas salgadas máis adoradas. E claro, como ía faltar a correspondente versión doce sabendo que Bolboretas no bandullo ten xénese e motivación lambisqueira.
Pois como é día de tanta festa e de aquí en diante todo vai ser festexos pola Galiza adiante, aquí unha acumulación de tortas para as vosas sobremesas.
As receitas doces preferidas
Torta Ferrero
Torta de 3 chocolates
Ben podería ir de primeira pois esta é o noso punto de partida. Como sabedes aqueles e aquelas que escoitastes ou lestes algunha das nosas entrevistas, todo comezou coa clásica torta de tres chocolates. Primeiro para a irmá, despois para o resto da familia, amig@s...