Vaia, pois hoxe imos cambiar a dinámica. Tranquil@s, as receitas non han faltar, de feito veñen en conxunto, nunha selección inmellorábel de Bolboretas no bandullo.
Ter un blogue de cociña é fantástico xa que nos "obriga" a estar continuamente xogando cos ingredientes e, desta forma, probando moitas combinacións e produtos novos. Tamén ten a vantaxe de que non podes aborrecer comendo sempre os mesmos pratos porque debemos variar para ter receitas novas para compartir, aínda que algunhas veces isto é un inconveniente porque algunhas das elaboracións quedan tan saborosas que che gustaría volver a elaboralas cada semana, hahaha.
Ter un blogue de cociña é fantástico xa que nos "obriga" a estar continuamente xogando cos ingredientes e, desta forma, probando moitas combinacións e produtos novos. Tamén ten a vantaxe de que non podes aborrecer comendo sempre os mesmos pratos porque debemos variar para ter receitas novas para compartir, aínda que algunhas veces isto é un inconveniente porque algunhas das elaboracións quedan tan saborosas que che gustaría volver a elaboralas cada semana, hahaha.
Desta forma, hoxe quixemos facer unha recompilación dalgunhas das nosas receitas preferidas; sabemos que quedan moitas no tinteiro (pizza, coca, pastel de carne, galletas salgadas etc.) mais, senón, esta entrada non tería fin ;)
As receitas salgadas preferidas
Spaguetti de cabaciña con tomate seco
Pastel de verduras
Desde logo, o concepto de pastel é revisado profundamente nesta elaboración.
Arroz cremoso de forno ao parmigiano
Palmeiras salgadas
Empanada de grelos e cogomelos
Pescada en mollo verde
Canelóns recheos de polbo á mugardesa con salsa de queixo
O que si, cremos que pode actuar como unha das mellores opcións para unha cea en grupo, polo novidoso que resulta o sabor e a combinación.
Como nos gusta xogar coa comida e cos ingredientes para facer pratos espectaculares, coma este, para poder soprender aos/ás comensais. A verdade é que este é unha auténtica delicia, cun biscoito con sabor intenso mais que combina á perfección co recheo, qándolle un toque máis fresco e lixeiro. E, alén do sabor, cómpre sinalar que chama bastante a atención o seu aspecto e esa cor verde tan intensa. Si, soa raro biscoito de nabizas, mais se o probas, pasará a formar parte do teu recordo gastronómico (para ben, eh!)
Que momento tan divertido cando presentamos estas madalenas como aperitivo nunha cea con amig@s, hahaha! Que cara de sorpresa tiñan!! Para nós, unha parte fundamental da cociña é sorprender, alén de que os produtos sexan saborosos. E, como podemos ver, podémolo facer facilmente, sen complicarnos demasiado.
Nunca vos dixemos que somos fanátic@s das croquetas?? Pásanos como a Chicote, se na carta dun restaurante vemos as palabras "Croquetas caseiras" non nos podemos resisitr a probalas. Porén, tamén é un recurso ao que sempre acudimos na casa, xa que as facemos de cando en vez e conxelámolas para telas sempre á man. Neste caso, tamén xogamos moito cos ingredientes: de cogomelos, carne picada, xamón, queixo, verduras... de calquera forma nos gustan :D
Biscoito de nabizas enrolado
Falsas madalenas
Croquetas de cogomelos
Ben, xa nos diredes cal é a vosa preferida, cal probastes até agora, cal tedes pensado facer proximamente... A nós, a verdade é que nos encantaron todas. E diredes, e como a estes dous lles pode gustar todo? Pois non, todo non nos gusta, mais todo o que penduramos no blogue, si, haha.
Tiñamos ganas hai tempo de escribir un artigo un tanto diferente, que dese a coñecer as nosas preferencias entre xa tantísima receita, para así saberdes tamén un pouco máis de nós.
Iso si, xa sabedes que ante todo, somos lambonciñ@s profesionais, polo que non ha de tardar en completarse a entrada de hoxe cunha outra dedicada ao doce, mmmmmm...
Agardamos que lle encontredes interese. Lémonos amig@s!!!
vaya despliegue de buenas recetas, que cual me gusta mas? realmente me gustan todas, pero esas croquetas de cogomelos es que me estan llamando! son pura tentacion, biquiños
ResponderEliminarHahahaha, a nós pasounos igual ao escollelas. Para nós as croquetas son unha tentación tan grande.... hahaha!
EliminarGrazas e bicos!
¡Menos mal que acabo de desayunar! En caso contrario, se me abriría el apetito y tendría que ir rápido a abrir el frigorífico para encontrar algo que comer.
ResponderEliminarTodos esos platos me parecen tan atrayentes y ricos, que me ponéis en un dilema y no sabría cual escoger.
¡Bendito abanico de sabores preside hoy vuestra entrada!
Felicitaciones y cariños.
Kasioles
Hahahahahaha! Moitísimas grazas!!!!
EliminarUn bicoo
Madre del amor hermoso como me tientas con tanta cosa rica no sabria por donde empezar me gusta todo y todo uummmmmm.
ResponderEliminarBicos mil wapa.
Iso é un bo sinal, haha! Mil grazas!
EliminarApertas!
A min gústame todiño, reina!!. Pero si teño que elexir, decántome pola empanada (como non)...polos canelons e o biscoito de nabizas...poñeríame xebre jajajaja
ResponderEliminarBicosssssss
Hahahahaha, iso sería xenial!!
EliminarMil bicos!
Vou probar os espaguetis teñen unha pinta deliciosa,pero como non me gusta a calabaza vouna suprimr
ResponderEliminarHahahaha! Os spaguetti están feitos de cabaciña (calabacín) e non levan cabaza, haha! Mais pódelos facer con outra verdura!
EliminarApertas e grazas por visitarnos!